A foto recolle parte dos asistentes xa implicados publicamente no PG, entre os que está Carlos Ouro como Secretario Local, Paco Villanueva como Coordinador Territorial e dous membros da Executiva, Suso Ares e César Pazos.
Avanzamos en consolidar unha agrupación do PG con moi boas expectativas de sumarse persoas de diferentes ámbitos profesionais, implicadas socialmente e con cultura do galeguismo político .
A estratexia de consolidación e implantación do PG foi compartida polos membros actuais da agrupación e por outros compañeiros e compañeiras que asistiron como convidados.
Traballar, activar, programar, sumar, avaliar, ilusionar e achegar solucións as problemáticas da veciñanza do concello de Lugo e da área de influencia, esa é a estratexia e o reto marcado para avanzar co proxeto galeguista que represanta o PG para Galicia.
Parabéns pola xestión e convocatoria deste acto-encontro, á Carlos na Secretaría Local e Paco na Coordinación Territorial.