PRESENTACIÓN DA AGRUPACIÓN DO PARTIDO GALEGO DE CARBALLO
Neste acto de prensa, expuxéronse as principais liñas de actuación política de ámbito municipal.
O coñecemento do concello por parte do equipo de persoas que forman a Agrupación de Carballo, demostrárono a hora de expoñer moitos problemas que ten este concello, que medrou en poboación nos últimos anos pola súa situación estratéxica na comarca de Bergantiños, pero non medrou igualmente na resolución de moitos problemas do día a día nin dos derivados da nova dimensión poboacional.
Tanto o Secretario Local Sergio Gudin como Portavoz Municipal Luis Bardanca, fixeron fincapé en resolver todas as múltiples problemáticas do rural, onde hai abandono palpable polo actual goberno de Carballo, na desatención sobre a reparación das estradas municipais, a limpeza das cunetas, ampliación de estradas, atención á veciñanza en xeral na falta de atención as xustas demandas.
O abandono de reparación de pistas, limpeza da maleza que as inunda, unha das máis chamativas é a estrada de Oza a Razo que parece de un so carril por estreita e sen luz pública.
Poñer en valor a praia de Razo como unha praia de referencia de Carballo e do norte de Galicia como a praia de referencia de surf.
Apostamos por un plan de acceso, de servizos, de campaña publicitaria e vinculación a un plan municipal e comarcal de turismo
A desatención do goberno municipal está chegando ate o núcleo urbano, hai unha evidente falta de aparcadoiros no casco urbano é unha necesidade vital para un bo servizo das persoas que viven en Carballo e incluso as que veñen a traballar ou a mercar no comercio e feiras.
Necesario elaborar un programa de servizos no polígono industrial, dotación dunha área de servizos, e básculas industriais, liña de autobuses, dinamizar encontros empresariais, asesoramento empresarial, etc
13.01.2024 No centro de esda. para dta. Suso Ares e Cesar Pazos (pola Executiva Nacional), Luís Bardanca e Sergio Gundín (Portavoz e Secretaría Local respectivamente)