A Agrupación de Carballo, sigue sumando novas incorporacións de veciños.
CONSTITUCIÓN DA AGRUPACIÓN DO PG EN CARBALLO
o 14 de xullo’23 tivo lugar unha reunión en Carballo de un grupo de simpatizantes do PG, na que se acordou a constitución da Agrupación Local do Partido Galego.
A persoa electa como Secretario Local é Sergio Gundín Vilanova quen se integra dende este día no Consello Nacional do PG.
Sergio, persoa implicada en política local ao igual que os seus compañeiros e compañeiras, dado que participaron no proceso electoral de 2023, asegurou que o grupo de persoas que xa están traballando dende hai un tempo de forma organizada é moito máis amplo que os que hoxe estamos para este acto de constitución e para esta foto de apertura.
Que un dos retos da Agrupación, coincidentes co que comenta José Luís Bardanca, (o impulsor do grupo), é incorporar a todas as persoas coas que manteñen contacto e grupo de traballo que son actualmente máis de 20, e seguir sumando contactos por todas as parroquias e lugares de Carballo.
Pola súa parte Suso Ares (Coordinador Xeral do PG) parabenizou a incorporación deste modélico grupo de persoas implicadas na política municipal, pola súa labor, polo compromiso persoal con Carballo, pola súa disposición a ser actores permanentes para mellorar a vida da xente deste concello e pola boa actitude que sempre demostran nas propostas positivas que van mellorar sen dúbida este concello.