Será presentado polo Partido Galego, formación que se define como “galeguista, europeísta e ecoloxista”.
O veterano político -que acaba de retirarse do seu traballo como funcionario na Deputación- colaborou activamente co Partido Galeguista, o Partido Nacionalista Galego, Coalición Galega, BNG e Compromiso por Galicia. Para esta última formación presentouse á alcaldía de Ourense en 2015 e abandonou a súa adhesión a ela en 2018, cando a dirección do partido manobrou para situar ao hostaleiro Tino Iglesias como cabeza de lista para as eleccións de 2019.
Agora, co novo Partido Galego, Xosé Mosquera pretende “desterrar a linguaxe política ou o insulto e o desprezo” así como “impoñer ou dialogar tranquilo e razoado” tanto co resto de partidos como coas asociacións ou responsables veciñais. Entre as súas prioridades figuran a navegación do río Miño, a captación de fondos externos, a aprobación anual dos orzamentos, a transparencia, o coidado de rúas e parques e o apoio ao tecido comercial da cidade.