Este concello da costa, é estratéxico para Galicia pola vinculación co mar, e para o PG como referencia do galeguismo.

O PG dou hoxe un paso máis na consolidación da estrutura municipal, abrindo neste caso Agrupación no concello de O Grove, un concello de tradición de nicho galeguista, de forma histórica.

Neste acto de prensa o Coordinador Xeral Suso Ares dou conta do traballo estratéxico na implantación territorial, estamos con un traballo de contactos en arredor de 200 concellos, e que é de vital importancia estratéxica a nova Agrupación de O Grove, tanto polas persoas que a compoñen coa súa traxectoria política como experiencia persoal.

O Portavoz da Executiva César Pazos avanzou na estratexia do PG como partido do País, e que ao igual que fixo o Partido Galeguista con Castelao á fronte, e estes conseguiran implantar o partido antes do 1936 en 90 concellos. Seguiu comentando que o PG ten como obxectivo facer política da gobernanza, do entendemento e de sacar o mellor das potencialidades que temos como pobo.

A continuación o Secretario Local Fonso Padín  recalcou a sorte de contar con un grupo local formado por persoas con experiencia política, persoas sensatas e de valores, persoas que van facer que se dea solucións axeitadas aos problemas do Grove, e que entre os retos está camiñar cara unha candidatura municipal con solvencia, útil para o pobo do Grove e con capacidade de ter unha representación municipal con capacidade para decidir.

En particular será unha boa nova a presentación da Secretaría Local, na que está unha persoa de moi ampla traxectoria galeguista en O Grove e parte de Galicia.

E por último o Coordinador territorial de Pontevedra Miguel Míguez que tamén é de O Grove e por tanto membro desta nova Agrupación Local, con traxectoria política, empresario do mar e por tanto coñecedor do concello e das súas problemáticas. informou das agrupacións de outros concellos como Vigo, Baiona, etc e que están en axenda a presentación en cuestión de meses de outras moi interesantes. Para rematar dou conta da  previsión en expansión do Partido Galego pola comarca e parte da provincia.

Ligazón a vídeo do acto de prensa: https://www.facebook.com/share/v/Gk9jWbJUEhx19bi6/