O 17 de xuño de 2023, tivo lugar a votación de nova corporación, onde se aprobou e acordou previamente a Elección de Roberto como alcalde os dous primeiros anos de lexislatura e Jesús Pereira como Tenente de Alcalde os dous primeiros anos e cambiar os cargos políticos os dous seguintes da lexislatura

Publicación do PG en FB

Cartel electoral á alcaldía, do compañeiro Suso Pereira

Programa electoral para as principais accións no concello de Touro

 

Candidatura nas Municipais de 2023

O 30 de abril de 2023, celebrouse unha xuntanza en Touro, co obxectivo de lanzar a candidatura electoral ao concello, logo de reunións previas, organizando a estratexia e a liña de actuación municipal.

A este encontro asistiu o Coordinador Xeral Suso Ares (a dta. da foto) que xunto coa maioría dos veciños e veciñas que logo conformaron a candidatura, e coordinados por Jesús Pereira e Enrique Raviña, dou como resultado unha potente candidatura que cambiou o goberno municipal despois de décadas.