Francisco Villanueva González (Paco)
Presidencia
LUGO. Profesional do ámbito sanitario.
Referente político e social, implicado de sempre en organizacións sociais de diferentes sectores. Persoa de fortes conviccións de País, e un ideólogo na forma de sementar o galeguismo do PG.
Anxo Franco Vidal
Secretaría Xeral
DODRO. Profesional no ámbito da seguridade laboral.
A implicación política ben dende moi novo, participando en numerosas candidaturas e exercendo de Tenente de Alcalde no seu concello de Dodro.
Xesús Ares Gómez (Suso)
Coordinación Xeral
SANTIAGO. Profesional do ámbito empresarial da restauración, cosmética e outros. Actividades que compaxina coa xestión de administración política.
Implicación dende a mocidade no nacionalismo e galeguismo, sendo electo no ano 95 Portavoz municipal.
Miguel Míguez Magdalena
Secretaría Nacional de Organización
O GROVE. Profesional no ámbito empresarial da acuicultura.
Experiencia política no ámbito do galeguismo. Dende moi novo implicado nas organizacións políticas xuvenís de base.
Paula Villar Iglesias
Secretaría Nacional de Cultura e Deportes
TOURO. Profesional do ámbito do deporte.
Participou na candidatura de Touro no 2023. A súa experiencia municipal foi reforzada pola súa formación na USC co ciclo de Ciencias Políticas
Patricia Rodríguez Cruz
Secretaría Nacional de Sanidade
CARBALLO. Profesional do ámbito sanitario e de loxística no textil.
Participou en candidaturas de perfil galeguista en Carballo e na colaboración de iniciativas sociais.
Alfonso Padín Míguez (Fonso)
Coordinación Territorial de Pontevedra.
Secretaría Local de O Grove
Profesional do ámbito da pesca submariña
Traxectoria e implicación permanente no galeguismo.
Activo político de ámbito territorial, unha garantía de partido e valor seguro de patriotismo.
Mertxe Álvarez López
Secretaría Nacional de Servizos Sociais
AMES. Profesional no ámbito da hostalería e restauración.
A súa vida estivo sempre marcada pola política, pasando por experiencias de moi nova en Euskadi, ate a política municipal no seu concello de Ames .
Nerea Vico González
BRIÓN. Profesional no ámbito da hostalería e xestión de restauración.
Galeguista de convicción. Descendente de familia asentada en Galicia, é todo un exemplo de compromiso co País.