O PG vai traballar na campaña electoral pero con propostas

O CONSELLO NACIONAL ACORDA CASE POR UNANIMIDADE FACER UN TRABALLO DE CAMPAÑA PERO SEN PRESENTARNOS A ESTAS ELECCIÓNS GALEGAS 18F

Por unha estratexia de País, consideramos que este non é o momento de presentarnos, senón de traballar con política útil, para dentro de catro anos dar o salto ao Parlamento Galego.

O acordo está baseado na coxuntura política, onde hai atomización de expectativas so cos tres partidos actuais presentes no Parlamento Galego, e consideramos que pouco se vai mover o numero de escaños con incerto resultado, polo que de haber cambio de goberno, este será pola mínima, motivo tamén que se expuxo para evitar agora unha participación que puidera interferir nese hipotético resultado.

Outras razóns foron as dificultades actuais de facermos chegar ao conxunto da cidadanía as nosas propostas, que por novidosas e necesarias para Galicia deben ser coñecidas por todo o País, algo polo que imos traballar, si, nesta campaña que acordamos, está a concreción de propostas que iremos dando a coñecer en moitos concellos e ao tempo que se nos coñeza máis, conformar novas Agrupacións Locais como a de hoxe de Carballo.

Tampouco acreditamos no formato de coalicións, pois deixaríanos sen visibilidade algunha como opción política galeguista, con marca propia e solvente para Galicia, sen interferencias con grupos que actúan con outros intereses de revanchismos ou personalismos e populismos.

A estratexia de accion concrétase en traballo continuo, campaña de participación pero diferente formato, elaboración e exposición de propostas para Galicia, ampliación e consolidación por moitos máis concellos, incorporacion de novos cadros políticos como os que entraron na reunión de hoxe (Ponteceso, Carballo, O Grove e Brión), para camiñar con máis forza cara un Congreso no que a nova dirección asuma con máis forza un traballo e expectativas de cara as Eleccións Europeas do 9 de xuño

13.01.2024 Reunión en Carballo, na que sae parte dos membros do Consello Nacional