DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021 [Xela Arias]

Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas, nesta ocasión adicado a Xela Arias. Dende a súa institución no ano 1963, o día das Letras Galegas está adicado á homenaxe e recoñecemento daqueles persoeiros que destacasen pola súa creación literaria na nosa lingua ou pola defensa da mesma. É por iso que dende o Partido Galego (PG) queremos centrarnos nesta ocasión na defensa do noso idioma dende outros ámbios fóra do literario, non co ánimo de prescincidir deste nin moito menos, senón de ampliar o seu espectro de uso. O idioma galego debe facerse forte e abranguer todo o noso ámbito vital, dende as nosas relacións persoais ata as técnicas, profesionais e empresarias. Segundo os expertos en mercadotecnia, para que un produto ou servizo triunfe debe ser “aspiracional”, entendendo que un idioma sobrepasa a relevancia dun mero produto ou servizo, é fundamental que os que entendemos os idiomas coma vínculos de comunicación entre as persoas e os pobos, e non como instrumentos de confrontación coma o unilateralismo sectario pretende representar, fagamos un exercicio de normalización do uso, neste caso do idioma galego en todos os ámbitos da nosa vida e por suposto no eido profesional e empresarial, fóra do sector público, onde este esforzo leva adianto sobre o privado, estando non obstante lonxe de acadar unha condición de pariedade.

Queremos facer pois, aproveitando tan sinalada data un chamamento a que toda a cidadanía galega traspase o uso do seu idioma a aquelas áreas onde por desgraza, en pleno século XXI, aínda non está “estandarizado”. O idioma galego como calquera idioma non debe estar acotado no seu uso a unha soa cara da nosa poliédrica existencia, é o noso deber facer un esforzo para incorporalo ao eido xurídico, ao administrativo, ao contable, ao técnico, ao comunicacional… E alí onde a nosa actividade nos demande unha necesidade de interrelación verbal e escrita cos diferentes grupos de interese aos que chegamos no noso día a día.

Hai na actualidade empresas que incorporan o idioma galego ao seu quefacer diario e obviamente a comunicación cos seus clientes, proveedores, asesores, ao packaging dos seus productos, a rotulación dos seus establementos… forman parte desa faceta, máis por desgraza, son unha minoría, o que está na nosa man mudar e impulsar en aras de acadar que a nosa lingua forme parte real do noso eido vital.