TOURO. Exemplo de gobernanza coa participación activa do Partido Galego

No 2023 conseguiuse o que poucos daban por válido, facer un cambio de goberno en Touro, logo de décadas baixo as mismas siglas.

O venres 28 de xuño, celebrouse un encontro entre membros da Executiva do Partido Galego, e compoñentes da candidatura das Municipais do 23, amigos e colaboradores que tamén prestaron a súa axuda para conseguir que en poucos días se formalizara un equipo de persoas lideradas por Suso Pereira (Penote) entrar con forza no concello sendo a segunda das tres forzas políticas que deron lugar a conformar un novo goberno de Touro e provocar un cambio poucos daban por seguro.

 

As valoracións neste encontro foron coincidentes entre os membros da Executiva e a Agrupación de Touro, constatando a unión do grupo, a disposición e implicación, o respaldo e apoio ao Portavoz Municipal Suso, a seguir sumando máis xente a Agrupación e chegar en todo o posible e de forma personalizada a toda a veciñanza, estar a disposición da xente do concello para resolver o día a día e traballar nun plan que valorice o concello coas súas propias potencialidades.

 

Preséntase unha grande oportunidade para seguir medrando, sendo conscientes que na medida que se consiga máis colaboradores nas parroquias vai redundar nun beneficio directo para a propia xente e conxunto do concello, para atender de forma áxil ás diferentes problemáticas propias dun concello eminentemente rural como é Touro.

 

O ánimo foi patente nas moitas horas que durou o encontro-cea, concordando a repetición do mesmo en canto sexa posible, e facer partícipe a moita máis veciñanza que ve na proximidade e bo facer deste equipo personalizado na figura de Suso como Portavoz Municipal o próximo alcalde de Touro.

 

Dende a Executiva Nacional, resaltamos a capacidade de traballo e implicación social do Portavoz Municipal e de Enrique que colabora con responsabilidade como se dun concelleiro se tratara, ao fin so estivo a un puñado de votos para ser electo, e por suposto resaltamos o valor do conxunto da Agrupación, sen equipo non hai partido nin éxito político.

 

Os valores da responsabilidade e honestidade nas áreas de goberno asumidas, fan que os representantes do Partido Galego en Touro sexan un exemplo de acción política e de nova forma de gobernar, priorizando con criterios de necesidade, de participación, de igualdade e xustiza.