CONSTITUÍDA A AGRUPACIÓN LOCAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
O martes 21 de xuño reuniuse en Santiago un grupo de persoas vinculadas ao PG para formalizar a constitución da Agrupación Local.
A esta reunión tamén asistiron varios membros da dirección do partido, Oscar, Montse, Perol, Teresa e Suso Ares. Un apoio simbólico do conxunto da Comisión Permanente e tamén apoio estratéxico polo traballo conxunto do que vai ser a campaña de ampliación desta Agrupación, contando con persoas simpatizantes e militantes dos concellos da contorna desta cidade e capital de Galicia.
Esta é a primeira das sete cidades en formalizar a constitución da súa Agrupación Local, e que como capital do País tamén se quere dar a coñecer como ese primeiro paso polo simbolismo político que representa Santiago.
Os retos principais a curto prazo da Agrupación Local son:
- A elaboración dun relatorio de principais necesidades e as solucións para este concello.
- Un plano de acción metropolitana que abrangue aos concellos limítrofes.
- Un estudo da rede de conexións estratéxicas dende o punto de vista da capital de Galicia.
- A difusión da marca Partido Galego entre a veciñanza de Santiago.
- O desenvolvemento de estrutura potente para unha candidatura electoral que vai determinar o novo goberno municipal saído das Municipais’23
As persoas que conforman a base da Agrupación (pendente de novas incorporacións nos vindeiros días) son:
- Maxi Vázquez (Arins)
- Xosé Antón López (zona Vella)
- Javier Peleteiro (zona Ensanche)
- Betina Estévez ( San Lázaro)
- Javier Iglesias ( Castiñeiriño)
- Eliseu Mera (Zona Rural)
Eliseu Mera (Coordinador da Agrupación)
www.partidogalego.gal https://www.facebook.com/PartidoGalego/
info@partidogalego.gal https://www.instagram.com/partidogalego/