Representación do Partido Galego nas Corporacións Municipais

O Partido Galego entra a formar parte do goberno de Barbadás, Ponteceso e Touro, e terá capacidade de decisión no concello de Monterroso.

Os catro concellos nos que o PG acadamos representantes nas corporacións, son concellos nos que se conseguiu que non existan maiorías absolutas, o que facilitou a conformacións de gobernos de varias forzas políticas e por tanto gobernos nos que é necesario consensos e sensatez para formar gobernanzas estables para os catro anos de lexislatura.

No concello de Barbadás, o Concelleiro Ramón Padrón, acadou un acordo de gobernabilidade co candidato a alcaldía do PSOE no que este aceptou a execución do programa da candidatura do PG e ser decisivo nas accións de goberno a cambio do apoio na investidura ao candidato do psoe.

Ramón Padrón (Portavoz Municipal) no centro da foto

No concello de Ponteceso, os dous concelleiros/as do PG  Juán Vidal e Raquel Fondo, cumprindo a primeira promesa electoral de campaña, buscaron acordos de gobernabilidade para desbancar ao alcalde do PSOE das últimas lexislaturas que estivo actuando dun xeito totalmente ameazante, con aires mafiosos, dun xeito antidemocrático, autoritarismo, etc. 

Un obxectivo compartido polas 5 forzas políticas que tiveron representación municipal ao marxe da do xa ex-alcalde, que provocou un acordo de investidura do candidato do PP por ser a segunda forza política máis votada. 

Tanto por responsabilidade de dotar a Ponteceso dun goberno estable, como por levar a cabo o noso programa electoral o cal respectan na integridade o grupo do PP, estableceuse un acordo de lexislatura no que o noso Portavoz Juán Vidal será o 1º Tenente de alcalde.

Juan Vidal e Raquel Fondo (de esquerda para dta.)

No concello de Touro, o PG chegou a un acordo de goberno con alcaldía rotatoria co grupo “Movemento Veciñal”. A elección de alcalde contou co apoio do BNG.

Os primeiros dous anos será alcalde Roberto Castro e os dous seguintes Jesús Martínez (Suso) do Partido Galego

Este acordo leva consigo que Suso exerza coa concellalía de Obras os catro anos da lexislatura, sendo 1º Tenente de alcalde en tempo rotatorio segundo alternancia de cada dous anos comentada.

Con este acordo, desbancamos ao PP dunha alcaldía na que estaba establecido dende hai 30 anos, e que nos últimos anos o caciquismo foi en aumento de forma considerable.

Suso Martínez do PG a esquerda simbolizando compartir alcaldía con Roberto Castro do MV a dta.

No concello de Monterroso, o reparto de representantes sumado a que o PSOE non quixo cambiar ao seu portavoz  Antonio Gato, a alcaldía (de momento) foi para o PP en minoría con 3 concellarías.

Gato que é persoa controvertida e de nula confianza para varios grupos con representación, motivou a petición da súa dimisión, algo que o PSOE non foi quen de xestionar, e que de resolvelo, facilitaría un acordo de goberno totalmente diferente, estable e para toda a lexislatura entre PSOE (3 concellarías), PG (2 concellarías), BNG (1 concellaría)

Pola marxe dereita o 2º Pablo Losada e o 3º é o Portavoz Xabier Vázquez

Dende a Executiva Nacional valoramos moi positivamente a capacidade negociadora dos representantes municipais do PG, así como a disposición sempre mostrada para chegar a acordos de gobernabilidade.

Tendo en conta que somos o partido de Galicia da centralidade política, útil para a veciñanza facilitando consensos de gobernabilidade e ao tempo de máxima firmeza na defensa do Programa Electoral comprometido coa xente, na práctica da honestidade, a xustiza política, a transparencia e participación da veciñanza.