Proxecto de “Celulosa-2” en Galicia. Altri en cuestión

O Partido Galego logo de analizar o proxecto de Altri que se pretende instalar en Palas de Rei, emitiu no Congreso celebrado o 6 de abril de 2024 unha Resolución ao respecto. 

O 1º Congreso do Partido Galego, considera que é suficiente para Galicia a “celulosa 1” de Ence, sen permitir a “celulosa 2” de Altri. Instamos ao goberno galego a que paralice o proxecto de Altri, reconverta a proposta de 300 millóns de axuda dos fondos europeos en 280 proxectos sustentables para a zona central de Galicia, con dotación de un millón de € cada un. Por outra parte, elaborar un proxecto valorado en 20 millóns consistente nun “polo tecnolóxico e proxecto estratéxico de fibra de cánabo industrial” que crearía infinitamente máis postos de traballo, totalmente sustentable a nivel medioambiental e rexenerador de terras, así como de duración indefinida.

O Partido Galego, Incluiu no seu Programa Electoral das recentes Eleccións Europeas do 9 de xuño, unha posición clara a respecto do proxecto de Altri. 

4.3) SECTOR FORESTAL. 

A recuperación paulatina en conexión dos sectores produtivos dunha maior parte dos nosos bosques autóctonos de carballos, pinos e castiñeiros. Neste eido manifestamos de xeito claro e contundente a oposición do Partido Galego á mega-fábrica de celulosa de Altri en Galicia, xa que estudios especializados e independentes constatan que sería un pesadelo nun espazo galego da rede natura, xa que unha enorme factoría de celulosa usará millóns de litros de auga ao día e verterá auga contaminada de volta aos ríos, emitirá gases tóxicos e poñerá en perigo aos sectores primarios, requirindo que se plante mais eucalipto, empobrecendo deste xeito a nosa biodiversidade, os nosos ríos e a ría de Arousa.

Así pois debemos de ter uns montes multifuncionais e de aproveitamento complementario, dada a importancia do aproveitamento de animais que se alimenta dos terreos (cabalos, vacas, cabras, ovellas, porcos …). Si temos o monte ben coidado estes animais alimentaranse dos pastos e produciremos carne sostible, da mellor calidade, ecolóxica e con animais ben tratados.

Tamén é importante valorizar a importancia da captación e fixación de oxíxeno, os nosos montes teñen un valor altísimo na fabricación de oxíxeno, somos un gran pulmón que tense que valorar. A importanciada produción de oxíxeno está contemplado na Axenda Europea 2030 dentro dos obxectivos de desenvolvementosostible