Propostas e chamada de atención ao goberno da Xunta. Loita contra o cancro.

4 de febreiro.

Día Mundial Contra do Cancro

 

O Partido Galego, no día do cancro, sumámonos á campaña internacional para sensibilizar e concienciar á sociedade, para o control e prevención desta doenza.

Todos e todas temos que remar na mesma dirección pois son moitos miles de mortos por culpa da doenza e moitas veces hai cousas que se poden ir mellorando, como son: incremento de persoal sanitario; incorporación de novos e áxiles medios de diagnóstico; aumentar e mellorar as técnicas de terapias celulares i extensión do acceso ás novidades terapéuticas.

O partido Galego neste día internacional quere unha vez máis chamar a atención do valor fundamental da Atención Primaria.

É básico o diagnóstico precoz e solo se pode resolver dun xeito áxil, si esta ten o persoal adecuado e as vías prestas á solucións rápidas. (ir os diferentes especialistas sen perdas importantes de tempo e ter os medios de diagnóstico adecuados).

Reivindicamos o papel básico de investigación, tanto básica como clínica e por sorte en Galicia temos persoal moi ben formado e de gran capacidade, ós que hai que dar os medios adecuados.

Nese senso, defendemos a inversión en investigación, desenrolo  e innovación. Apostamos por unha colaboración público-privada para impulsar a investigación biomédica, a produción de medicamentos e tratamentos innovadores.

O Partido Galego pide un plan europeo que incremente os cribados nos diferentes tumores, pois os resultados obtidos naquelas doenzas onde levamos anos con cribados específicos, os avances son moi positivos.

En Galicia son xa preto de 10.000 mortes anuais polos tumores e aínda que os avances son moitos nos últimos anos non podemos aceitar resignadamente eses datos, senón que temos que apoiándonos na ciencia, no noso persoal sanitario, nos nosos centros e na nosa investigación e ser optimistas cara o futuro.