Na reunión do Consello Político celebrada o pasado día 26 de marzo en Ribeira, acordáronse solucións no plano político e avances no plano orgánico
A grave situación política en xeral provocada, por unha banda polas consecuencias da pandemia e da guerra de Ucraína, e por outra polas malas solucións políticas achegadas dende os gobernos de Galicia e de Madrid, requiren de propostas sensatas, rigorosas, valentes, útiles e realizables.
No último Consello do Partido Galego, os asistentes elixiron por unanimidade ó Ribeirense Moisés Domínguez Rodríguez como Coordinador Área da Mocidade , pasa tamén a formar parte da Comisión permanente e da Comisión Xestora do partido.
En canto ás posicións políticas, desde o partido galego critícase ó PP e tamén ó seu líder que anda de xira atendendo cuestións internas do seu partido, mentres os galegos estamos a abonarlle o salario e prebendas mediáticas.
O PP de Galicia non atende os grandes problemas actuais do día a día, o goberno do PP non adecuou a estrutura económica real do País á viabilidade dos sectores primario, secundario e terciario, por tanto calquera situación externa repercute na nosa economía.
Actualmente existen varios sectores produtivos en grave situación, derivada da guerra de Ucraía, da pandemia do Covid e dos desgobernos de Galicia e Madrid.
.- Abordáronse as seguintes problemáticas aplicando as correspondentes solucións aos sectores produtivos, entre os que destacamos o agro-gandeiro, a pesca, a industria e o transporte
- Custes de electricidade. Galicia debería ser propietaria da electricidade que se xera no propio País, co que a electricidade se pagaría ó custe real que se sitúa por debaixo dos 30€ (MWh)
- Custes de combustible. Os gobernos teñen que incentivar as enerxías alternativas como poden ser, o aproveitamento dos gases xerados nas explotacións agrarias, as plantas de biocombustible, hidróxeno, etc, dunha forma ordenada e controlada, de xeito que os galegos e galegas non sexamos dependentes de combustibles externos.
- Falta de materias primas. (cereais e abonos). O goberno debe activar estratexias para producir as materias primas e aplicar políticas agrarias onde prime a produción de cereais sobre a explotación agroforestal.
.- En canto ás repercusións inmediatas da guerra desatada por Rusia contra Ucraína
No PG, apelamos claramente pola política da paz, da negociación, pero sen caer na inxenuidade, sabendo que ante un “lobo” como é Putin, a política de ser doce, manso e pedidor de perdón so provoca neste tipo de personaxes máis soberbia e máis acoso sobre o adversario.
A proba está que logo da advertencia da OTAN emitida o 24 de marzo no senso de que ante o previsible uso de armas de destrución masiva, este tería consecuencias seguras contra Rusia, non é casual que ao día seguinte o 25, Rusia declarase a reorganización estratéxica do exército cara o reduto do Dombas.
Debatéronse e tomáronse en consideración outros factores que están mudando a nivel europeo e que debemos de ter en conta pola repercusión que vai afectar de forma sistémica en todos os eidos, polo que resuminos en dous puntos as medidas a tomar:
- Reorientación de todos os proxectos a nivel europeo, que teñen vinculación ou están encamiñados á soberanía enerxética, alimentaria, ao concepto da globalización, etc
- Novas medidas na UE. Camiño de reconversión a todos os niveis da propia UE, en materia de defensa, de migración, de servizos públicos, da seguridade, de como camiñar na nova “orde internacional”, onde a UE debe cobrar un papel determinante e autónomo, ao marxe da propia estrutura militar de defensa que representa a OTAN
.- En base a crise económica transversal e de tempo indeterminado, o PG propón implementar solucións estruturais para GALICIA coas seguintes propostas medioambientais:
- Tipoloxía das explotacións agro-gandeiras aplicando o principio da sustentabilidade
- Economía circular, que redistribúe a riqueza na contorna, fixa poboación, reduce os transportes de mercancías, etc
- Cambio enerxético (transición acelerada)
- Estudos que poidan ser útiles coa aplicación da teoría do decrecemento
- Impostos acaídos sobre quen contamina paga, e progresivos en maior beneficio maior contribución.
- Perspectiva ecolóxica e sostible nos Plans forestais, na regulación do agro, xestión de residuos, etc
.- Novo acordo que suscita o goberno de España con Marrocos dentro do novo marco xeoestratéxico,
A incompresible posición de España que altera a solución para o pobo saharauí, xa que no canto da autodeterminación recoñecida pola ONU, o goberno do PSOE acepta defender so un marco autonómico no que o propio Marrocos sexa o Estado propietario.
No PG definimos como importantes dúas cuestións que determinan a política actual:
- Estamos a favor da proposta recoñecida na ONU con respecto ao dereito de autodeterminación do pobo Saharauí
- Rexeitamos as manobras de Marrocos usando miles de migrantes como arma de guerra nas vallas de Ceuta e Melilla
Comisión Xestora Nacional
www.partidogalego.gal https://www.facebook.com/PartidoGalego/
info@partidogalego.gal https://www.instagram.com/partidogalego/
Xunto ao Dolmen de Axeitos (Ribeira), parte dos membros da CXN