POSICIÓN DO PG DIANTE DA GUERRA ABERTA O SÁBADO 7 DE OUTUBRO ENTRE ISRAEL E HAMÁS
Proposta de PAZ
A nivel histórico os dous pobos, o israelita e o palestino, levan as súas costas unha longa traxectoria de “nómadas” nunha zona do planeta que sigue inestable durante máis de 2.000 anos, e que eles mesmos seguen sen estar recoñecidos formalmente por toda a comunidade internacional e por tanto con un problema engadido de delimitación dos seus territorios e dunha paz necesaria.
Consideramos que este conflito permanente, ten nesta ocasión un detonante e connotación de dimensións descoñecidas, tanto pola alta capacidade de Hamas para lanzar un ataque terrorista-militarizado contra Israel como polas diferentes alianzas entre potencias económicas e militares aliñadas entorno a un nexo común que é a forma de gobernanza, que se sustenta en ditaduras ou autarquías como é o caso de Rusia, China, Irán, Corea do Norte, Siria e unha serie de países onde a liberdade e participación democrática está coartada cando non suprimida.
Ante esta situación de convulsión latente, vemos necesario que a comunidade internacional, e sobre todo a ONU, tome a iniciativa de liderar unha proposta de paz, que debe ser compartida ou permitida polos dous “bloques políticos” a nivel mundial e polos dous pobos, israelí e palestino en particular.
Dende o PG queremos achegar o que consideramos os principios básicos para resolución do conflito de forma o máis axustada á xustiza histórica e actual e sentar a base dunha paz permanente e indefinida.
Apoiamos os seguintes principios:
- Cada pobo israelita e palestino (I.P.) teñen dereito ao seu espazo territorial .
- Cada pobo I.P. ten dereito a organizarse politicamente nun Estado. Israel e Palestina.
- O pobo palestino debe formalizar un goberno único e representativo do conxunto dos dous territorios actualmente recoñecidos (Cisjordania e Gaza), paso previo a toda negociación de carácter e lexitimidade internacional.
- Os dous pobos recoñeceranse mutuamente e formalizarán ese recoñecemento de forma expresa pública e conxunta.
- Os dous pobos comprometeranse a renunciar de forma indefinida do uso de armas para resolver calquera conflito entre eles mesmos.
- A cidade de Jerusalén será compartida polos dous pobos, oriente para Palestina e o resto para Israel. Na medida que se determine será de forma definitiva e indefinida.
- A delimitación das fronteiras será o punto final de novos asentamentos fóra das mesmas, así como calquera intento de remover ditos lindes.
- Establecerase un órgano consultivo permanente, formado por representantes do dous pobos, para analizar, debater, e resolver calquera discrepancia que poida xurdir, este órgano consultivo estará presidido por interlocutores representantes da ONU.
- Unha vez constituídos os Estados (neste caso falta o Palestino), estes deben ser recoñecidos a nivel internacional en particular na ONU.
- Cada pobo I.P. debe ter a posibilidade de establecer negociacións e fórmulas de convivencia económica e social en función das súas necesidades, máis sempre con estados de recoñecida solvencia democrática.
- Cada pobo I.P. deben dispoñer de representación nos organismos mundiais como a ONU.
- Os representantes dos dous pobos para negociacións no proceso de paz, deberán ser líderes sociais ou políticos laicos e con recoñecida solvencia de interlocución.
Galicia, 14 de outubro de 2023
Consello Nacional do PG