Discurso de Xosé Real, concelleiro e candidato á alcaldía
Xosé Real actual concelleiro e candidato do Partido Galego a alcaldía de Samos, durante a presentación da nova agrupación local denunciou a actual situación que está a vivir ó concello nos últimos tempos. Ademais fixo unha análise do paso pola alcaldía do socialista Julio Gallego e calificou como unha «Antroidada»a retirada deste a presentación do seu fillo, Miguel Gallego, como candidato do PP.
Ó longo do acto, Real repasou sobre os graves problemas que afectan na actualidade ó municipio. Entre eles inclúese a situación demográfica que sofre o concello coa perda de 570 habitantes dende o ano 2007. Tamén reivindicou a posta en marcha de políticas no ámbito cultural e social que permitan abrir o Museo do Mosteiro, recuperar a Feira de Artesanía, as Festas Patronais ou a Banda de Gaitas entre outras moitas actividades e festas que se realizaban antes da chegada ó poder de Julio Gallego.
Ante a situación de parálise na que se atopa Samos o candidato Xosé Real propuxo un serie de medidas que xeren un impacto positivo e sirvan para corrixir as deficiencias actuais. Para iso considera necesaria a creación dun Plan Turístico que poña en valor as potencialidades dun municipio chave dentro do Camiño Francés. Deste xeito fortalecese un sector moi importante para a economía samonense como é o hostaleiro. Por outra banda, tamén se propuxo a posta en marcha dun Plan de Infraestruturas que mellore as pistas e acesos a varios núcleos de poboación.
Para levar o seu proxecto a cabo o candidato galeguista aposta por unha lista continuista, na que conta coa maioría de persoas que o acompañaron dende os comicios do ano 2015, momento dende o cal leva presentado máis de 100 mocións e multitude de rogos e preguntas que contribuíron a mellorar a calidade de vida dos samonenses.