A executiva do Partido Galego visitou Ponteceso para coñecer de primeira man as consecuencias dos incendios forestais
- Os lumes calcinaron máis de 500 hectáreas e obrigaron a desaloxar varios veciños.
- Paco Villanueva destacou o labor realizado polos servizos de extinción e polos veciños e reclamou maiores penas para os pirómanos.
- Durante a visita produciuse unha reactivación.
Ponteceso, 10 de agosto de 2025. – Este sábado o presidente do Partido Galego, Paco Villanueva, e o voceiro do mesmo partido en Ponteceso e tenente de alcalde de dita localidade, Juan Ramón Vidal, achegáronse ata os terreos afectados polos incendios forestais neste municipio da comarca de Bergantiños.
Desde a executiva do Partido Galego aproveitaron a ocasión para solidarizarse cos veciños de Ponteceso, que nestes últimos oito días viron arder máis de 480 hectáreas e como o lume chegaba a ameazar as súas vivendas, chegando a ter que ser desaloxados delas. Cualificaron de “penoso e desolador” ver tantas hectáreas de terreo queimado e lamentaron que “terá consecuencias no futuro a nivel económico e social”.
Dentro do malo, quíxose atopar algo bo. Villanueva resaltou que “houbo medios suficientes a nivel técnico e loxístico para atacar o lume e paralo”. Asemade, destacou a colaboración dos veciños de distintas parroquias, especialmente en Corme aldea e en concreto na Costa.
Lembrou que, aínda que se sabe que o inicio dos incendios debeuse a causas externas, houbo intervención humana en varios lumes, “poñendo en risco moitas vidas humanas”. O presidente do partido reclamou que os pirómanos teñan “penas acordes co dano que fan á sociedade” – entendéndoa como o conxunto de persoas, medio ambiente e economía, entre outros factores. “Iso é responsabilidade tanto do PSOE como do PP, que xa tiveron tempo de sobra para endurecer as penas que merecen polos seus actos criminais”, asegurou.

Paco e Juan (Portavoz do GM de Ponteceso) Visión xeral dende o Faro, ao fondo as aldeas na beira mar
Reactivación de incendios
As altas temperaturas, o vento, e a calor latente nos perímetros do incendio fan moi vulnerable a reactivación, iso provocou que durante a visita se toparan con unha.
Ademais, pola tarde en un punto totalmente illado dos incendios anteriores, volveu aparecer outro incendio, o que obriga e a estar en alerta a todos os servizos despregados, os de retén aos nosos representantes municipais que están a disposición permanente e a toda a veciñanza que unha vez mais actuaron dun xeito exemplar onte mesmo axudando a apagar ese novo incendio antes que puxera en risco vivendas e persoas vulnerables.
