O Partido Galego participa no
Alderdi Eguna (Día do Partido)
- A delegación estivo encabezada por Anxo Franco.
- Reforzouse os lazos de colaboración co PNV e mantivéronse contactos con múltiples partidos políticos de todo o Estado.
O pasado 28 de setembro o Partigo Galego participou por primeira vez no Alderdi Eguna (Día do Partido) que organiza anualmente o PNV, tras estar en permanente contacto co partido vasco prácticamente desde a fundación do PG hai cinco anos. A delegación do Partido Galego, encabezada polo secretario xeral, Anxo Franco, estableceu contacto con diferentes forzas políticas.
Un dos contactos máis destacables foi coa secretaria do Euzkadi Buru Batzar (EBB), Maitane Ipiñazar. Durante a entrevista persoal abordouse a posibilidade de que envíen un representante á conferencia que quere organizar o Partido Galego en novembro; de abrir unha canle de comunicación permanente cos grupos do PNV no Congreso e no Senado a través dos que poder acceder a información relevante para Galicia e establecer mecanismos de cooperación entre a colectividade galega en Euskadi e a vasca en Galicia para así establecer lazos políticos, culturais e sociais, obtendo a receptividade agardada.
Do mesmo xeito, a delegación puido conversar con Sonia Tirado, de Compromís; Joan Serra, do Partido Balear; Jordi Turull, de Junts e Cristina Valido de Coalición Canaria. Cómpre sinalar que se conseguiu que, no caso de que a súa axenda o permita, Jordi Turull participe na xa citada conferencia que se pretende organizar na USC antes de rematar este trimestre. Asemade, abriuse a porta a establecer mecanismos de cooperación entre a colectividade galega en Cataluña e a catalana en Galicia.



