O PG rende homenaxe a Manuel Murguía

O Partido Galego rendeu homenaxe á memoria do galeguista Manuel Murguía no centenario do seu falecemento.

 

Este xoves 2 de febreiro de 2023 cúmprense 100 anos do falecemento dunha das persoas máis importantes no Rexurdimento, creador da Real Academia Galega, escritor, poeta historiador entre outras importantes facetas. O seu pensamento galeguista sumou, xunto a súa parella Rosalía de Castro, un binomio de total transcendencia para recuperar o galeguismo consciente de moita xente e xeracións ate os nosos días.

Abriu o acto Xosé Mosquera (Presidente do PG) facendo un repaso histórico do significado político que tivo Murguía. Fixo fincapé no importante papel deste no galeguismo a través do movemento denominado Rexurdimento, que creou as condicións e o impulso galeguista para acadar a súa máxima representatividade para Galicia no período (1923-1936), onde o pobo galego co Partido Galeguista á cabeza logrou a aprobación do Estatuto de Autonomía no 36, e que co golpe de estado franquista “quedou derrubado” durante case 50 anos.

No entorno do 1985, un grupo de persoas volven poñer a andar un proxecto político de pensamento galeguista, onde  destacou Pablo González Mariñas cun papel de liderado, facendo deste patriota un símbolo da expresión política real e tamén no Parlamento Galego, do galeguismo consciente e dando continuidade ao Rexurdimento de Murguía.

Esta motivación foi a que levou ao Partido Galego a animar a Mariñas que como representante dese legado continuísta do galeguismo histórico plasmara na súa intervención o que realmente representa a día de hoxe o Partido Galego, como proxecto aglutinador dos diferentes grupos galeguistas actuais.

Pola súa parte, Pablo González Mariñas (mestre, escritor e político electo Deputado no Parlamento Galego xa na primeira lexislatura do ano 1981), fixo unha intervención galeguista dende unha visión de admiración a Murguía cualificando en todo momento como “mestre, guía e pai ”.

Fixo un repaso breve pero moi intenso de Murguía comezando nos acontecementos que marcaron a vida de Murguía no 1846, no seu pensamento dunha Galicia cultural e histórica con todos os atributos para ser considerada como nación, o significado de País como os símbolos da lingua, da bandeira, que entendeu a súa patria como un compromiso vital, rematando cunha alegoría ao seu exemplo de vida como un facho alumeando o noso futuro.

Agradecemento aos representantes galeguistas que participaron neste acto de merecida homenaxe a un dos piares do galeguismo.

Ao remate do acto depositouse un ramo de flores brancas e azuis

                                                    Pablo Mariñas e Xosé  Mosquera