O PG presenta nova Agrupación en Santa Comba

O Partido Galego presentou este sábado 28 a Anxo Ares como Secretario Local da Agrupación Local de Santa Comba

Montse Almozara, Secretaria de Finanzas e membro da Executiva Nacional do PG fixo alusión ós 3 piares fundamentais deste partido que son: O galeguismo, o ecoloxismo e o rural, facendo fincapé neste último xa que Santa Comba é un concello maioritariamente rural, falou da necesidade de achegar todos os servizos básicos ó rural (boas vías de comunicación, acceso a internet de calidade, transporte público interparroquial que conecte co centro do Concello, atención ós maiores e nenos…)

Falou da importancia que ten os valores para o PG e a xente que o forman, “no tempo que nos toca vivir que hai unha perda de valores constante, temos a obriga de recuperar os valores que este pobo sempre tivo por bandeira e que son: o respecto, a educación, a honestidade, a moderación e a importancia da palabra….. o partido Galego fórmano Xente de Palabra”.

César Pazos, membro do Consello Nacional e Secretario Local de Vigo, incidiu na labor que fai o PG como continuador do galeguismo que no seu momento albergou o Partido Galeguista de Alexandre Bóveda e Castelao.

Do mesmo xeito que os nosos irmáns do 36, potenciaremos a ilustración e o coñecemento real, para mellor aproveitamento das nosas potencialidades como país de pleno dereito e para progresar dentro do actual marco legal de España e de Europa. Coa firme vontade transformadora desta realidade para mellorar a vida de todos os galegos e os cidadáns dos pobos que nos acompañan en España e Europa.

O Partido Galeguista foi un partido con mentes brillantes e unha mocidade soñadora, sen límites, totalmente entregada Galicia. O Partido Galego atópase nestes días iniciando a colaboración con mentes brillantes e mozas que se atreven a soñar unha Galicia disposta a conquistar os pobos de España e Europa coa nosa cultura, arte, iniciativa empresarial e nosa firme convicción na innovación continua.

Por todo iso, cremos en que a actual Sociedade do Benestar necesita unha actualización, debe avanzar cara a unha Sociedade do Coñecemento, con firmes piares no esforzo das persoas para saír da anestésica acomodación e triunfar.

A candidatura que hoxe presentamos en Santa Comba, onde se escoita a chamada dos nosos ancestros do Medulio, representa eses valores dos nosos irmáns do 36 e do Partido Galego de hoxe.

A continuación Beatriz Estévez, membro da Executiva Nacional e Secretaria de servizos públicos fixo fincapé na importancia dos servizos públicos que no Partido Galego identificamos como os 5 piares do benestar social.

Sanidade, educación, servizos sociais, pensións e renda básica universal.

Compre ter presente que os concellos teñen competencias na xestión de parte destes servizos, e colaborar coa poboación na xestión e consecución de todos eles.

Pechou o acto o Secretario Local Anxo Ares, novo secretario local da agrupación do Partido Galego incidiu en que para este grupo no Concello de Santa Comba hai 2 cuestións primordiais: a transparencia e a participación cidadá.

Aludiu á falsa transparencia que hai neste momento redúcíndose á publicación dos plenos e á exposición pública de certas xestións políticas que son de obrigado cumprimento. Este partido quere ir máis alá, hai que facer públicas as comisións informativas, as comisións de gobernó e tamén as mesas de contratación. E sen dúbida hai que facer partícipes da política ós vecinos durante os 4 anos, non só para acudir a pedir o voto en víspera de eleccións, o concello ten que ser un espazo aberto e transparente.

Santa Comba está ubicada estratéxicamente pero está illada gracias ó abandono dos políticos dos últimos 20 anos que nada fixeron por este concello e nin siquera coidaron o que tíñamos.

                                     

                                        César, Montse, Anxo e Betina