O 17 de maio, Día das Letras Galegas, no PG temos dúas efemérides que celebrar.
Por unha banda a celebración propia do día, en apoio a nosa lingua e por outro o cumprimento de anos do nacemento do partido o mesmo día do ano 2020.
Este ano a carpa informativa que instalamos na Praza do Toural en Santiago, na que participaron militantes e simpatizantes, foi máis efectiva do habitual dado que nos situamos no mesmo percorrido da manifestación nacional de “Queremos Galego”, entidade que agrupa a múltiples colectivos e apoio de algúns partidos entre os que estamos o Partido Galego.
Os milleiros de dipticos cos que agasallamos aos participantes, van aumentar sin dúbida un maior coñecemento do partido, e en consecuencia maior simpatía e achegamento de persoas que levan tempo desexando ter unha alternativa aos tres partidos PP-PSOE-BNG.
Damos os parabéns as colaboracións e apoios recibidos e animamos a seguir medrando en militantes, simpatizantes e grupos locais.

