O Partido Galego celebrou o 22 de outubro o seu Congreso Nacional no centro de Galicia

O Partido Galego celebrou o 22 de outubro o seu Congreso Nacional no centro de Galicia

 O PG celebra o seu Congreso Nacional en Arzúa, concello rural e situado no entorno do centro xeográfico de Galicia cos slogans de

“Política Útil” e “ Galicia no Centro”

 Neste Congreso aprobáronse 7 documentos entre regulamentarios, políticos e orgánicos. Cabe destacar dous deles:

 

  • Tese Política, como documento de referencia ideolóxica, onde se desenvolve o posicionamento político do partido nos diferentes ámbitos, que serve a maiores de identificar os eixos principais das accións políticas en función da relevancia para Galicia, tamén como guía para abordar nas vindeiras municipais os programas electorais, sobre temas que superan o ámbito propiamente do concello, como son o transporte público, os servizos sanitarios, a educación, as telecomunicacións, a rede viaria, as políticas medioambientais ou as diferentes problemática que afectan ao rural.
  • Liña Estratéxica, onde un dos principais obxectivos é a presentación de candidaturas nas principais cidades e concellos de Galicia. A posibilidade da presentación de candidaturas nas 7 principais cidades confirma a potencia e simpatía política que está acollendo o PG entre a cidadanía. O galeguismo impreso no adn do PG, sirve como elemento catalizador de vontades políticas doutras forzas de identidade galega que demostraron a súa simpatía coa presenza de cadanseu representante; por parte de Converxencia 21, de Coalición Galega e de Espazo Común.

 

Tamén se elixiron os dous máximos órganos de dirección do partido, o Consello Nacional e a Executiva Nacional conformados por 12 persoas, entre as que están o Secretario Xeral e o Presidente.

 

Membros electos no Consello Nacional:

 

–          ALMOZARA CORDEIRO Mª MONTSERRAT  (Executiva Nacional)

–          ARES GOMEZ XESUS   (Executiva Nacional)

–          CASAIS MONTEMUIÑO OSCAR DAVID

–          DIAZ RODRIGUEZ JOSE ANTONIO    (Executiva Nacional)

–          ESTEVEZ FONTENLA BEATRIZ C.    (Executiva Nacional)

–          FILGUEIRA GONZALEZ ALVARO    (Executiva Nacional)

–          LOPEZ FERNANDEZ XOSE ANTON

–          MOSQUERA CASERO JOSE     (Presidencia)                                                               

–          PEROL UZAL JOSE RAMON

–          ROZAS NEIRA JUAN JESUS

–          VAZQUEZ FERREIRO MARCIAL

–          VAZQUEZ SALVADO MAXIMINO     (Secretaría Xeral)                   

 

O Secretario Xeral Maximino Vázquez (Maxi) empresario e veciño de Santiago, expuxo que “non vai a correr si non a dar pasos firmes e sólidos. Asume que é unha honra pero tamén un reto e unha responsabilidade, pero a súa labor vai a ser fortalecer o partido.

Dicía Castelao que a loita dos partidos son as ideas nobres e leais que serven para fortalecer o progreso e iso é o que queremos, que o noso País progrese.

O PG pensa que para que Galicia poida mellorar a un ritmo maior so é posible dende a óptica da centralidade política baseada nun galeguismo moderado, integrador e conciliador, esa é a fórmula para mellorar a vida da cidadanía galega.

Asumo obxectivos como tratar de fortalecer e consolidar o partido e convertelo nun referente que defenda os nosos intereses económicos e culturais.

Precisamos moita xenerosidade e facer unha concentración parcelaria do galeguismo do País con altura de miras, para que estean representados neste proxecto co obxectivo de ter a representación necesaria para influenciar nas políticas nos concellos, na Xunta e chegado o momento no Estado ou na Unión Europea.

Non queremos unha situación supremacista pero tampouco queremos inferioridade senón igualdade para defender os nosos dereitos igual que o resto dos pobos de España, Europa ou do resto do mundo.

En Galicia nós temos claro que somos un pobo que interactúa, que como dixo Celso Emilio Ferrreiro somos un pobo pequeno que non ten fronteiras.

Somos un partido europeísta que no se pecha a nada. Pensamos que a política necesita un estado de madurez que a día de hoxe non ten.

Entendemos que hai un espazo político que ocupar, que debemos ser quén o lidere e estar dispostos a chegar a acordos con partidos, non extremistas, que aporten valor na nosa cidadanía.

Seremos firmes na defensa dos nosos intereses e non a perder o sentido da realidade.”

 

 

O Presidente Xosé Mosquera, Profesor de dereito constitucional e veciño de Ourense, puxo de manifesto impulsar un crecemento sostible e respectuoso co medio.

“Estamos centrados en construír o PG asentado no galeguismo e no europeísmo, son dúas das sinais inequívocas do partido.

O PG evidentemente sitúa a Galicia e a todos os galegos no centro da súa acción política.

No PG  pola súa configuración ideolóxica poden estar todos os galegos, desde Inditex ou Estrella de Galicia, todos os actores produtivos, autónomos, e traballadores  de tódolos sectores: servizos, construción, agro, mar, etc. porque todos somos galegos e formamos Galicia.

Pois nós arrancamos con este facho de cara a que Galicia non pare de medrar, para que os galegos vexan que hai alguén que ten a mentalidade de sumalos a todos e conseguir un proxecto común de Galicia entre todos en Galicia no marco español , da Unión Europea e mirando cara o Sur, cara a Portugal.

Nós non vamos a estar nas liortas de fume, de espuma ou de outro tipo. Pretendemos aumentar os servizos públicos  da sanidade, educativos e sociais, especialmente no rural, porque algún houbo que os quixo quitar.

Hai unha cousa  que é importante dicir e é que algúns fan o filtreo de discutir tú más, yo menos, pero todos sabemos que pactaron unha estrutura máis grande en asesores políticos e en chiringuitos varios para o estado español cuns custes que son excesivos, é dicir, que aqueles que están na economía produtiva teñan que soportalos, pero nós imos apostar por reducir eses custes improdutivos porque así a sociedade retrocede”.

 

E Finalizou o congreso  con dez resolucións entre as que destacamos.

Instar ao goberno español que o Eixo Atlántico ferroviario conecte Portugal con Francia pasando por Galicia, sendo esta unha das principais vías de explotación de mercadorías e un dos corredores ferroviarios da península con maior densidade poboacional.

Trasladar ao goberno galego a aposta non só pola instalación sustentable de enerxías renovables no noso País, senón tamén para sermos nós os líderes europeos de I+D+I. E necesario e fundamental toda vez que os combustibles fósiles están chegando a súa fin, que Galicia carece deles  e que só as renovables contribúen a frear o quentamento global, problema este que xa nos está afectando e cada día máis.

Pódese baixar o artigo completo en pdf pinchando aquí

 

www.partidogalego.gal            https://www.facebook.com/PartidoGalego/

info@partidogalego.gal            https://www.instagram.com/partidogalego/