Nova Lei de Administración Local de Galicia. Queremos mellorar as Parroquias e as Comarcas.

O PP quere matar as parroquias e comarcas de Galicia

Unha vez máis o PP demostra que non ten nada de galeguista, e busca sempre que ten oportunidade en borrar a nosa historia e identidade.

 

Coa nova proposta que está elaborando de anteproxecto de Lei da Administración Local de Galicia,o P.P. faidesaparecer as Parroquias e as Comarcas como entes locais de Galicia con capacidade económica e de xestión.

 

Un dos mellores signos de identidade galega son as parroquias, que naceron partindo directamente dos castros. As parroquias identifican e diferencian o rural galego danlle estrutura territorial, social, eclesiástica, e de tránsito a outra vida a que pasa polos camposantos que tamén son de caracter parroquial.

 

Galicia conta con 3.770 parroquias, a unidade de identificación máis clara para case toda a poboación, e a que está nas cidades, mantén o sentimento parroquial, levando tal vivencia aos barrios, festas, asociacións veciñais e culturais, equipos de xogo, etc. proba evidente desta realidade.

Ao tempo hai entre 3.000 a 5.000 castros identificados no Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia, o que significa que xa son miles de anos de xeracións vivindo nunha das terras máis frutíferas de Europa e do mundo.

 

Sobre as comarcas, e segundo o Decreto 65/1997 mantido polo Instituto Galego de Estatística, Galicia ten 53 Comarcas que obecen as características naturais, vinculos socioeconómicos, culturais, lingüisticos, tradicionais, climatolóxicos, etc.

Nas últimas décadas desafortunadamente as comarcas apenas comarcalizaron servizos aforrando custes. Este debería ser o seu cometido pero non foi a a realidade.

 

O que debería a Xunta é potenciar as oportunidades que ofrecen as comarcas no canto de eliminalas.

 

Defendamos a nosa identidade.

Por honrar aos nosos ascendentes, por orgullo de País, porque queremos a Galicia e as súas tradicións, a natureza, o misterio dos recunchos das aldeas, porque os nosos descendentes sigan sentindo afouteza pegados cos pés na terra e velando aos ancestros no cemiterio PARROQUIAL