Nova Agrupación Local en Vigo

O Partido Galego presentou este sábado a César Pazos que se vai encargar da Secretaría Local

 

Beatriz Estévez, avogada e nada en Vigo, é membro da Executiva Nacional do PG coa área de Servizos Públicos que se encargou de abrir e presentar o acto de medios.

O Secretario Xeral Maxi Vázquez, apuntou unha serie de iniciativas e valoracións como:

  • Á necesidade dun cambio no fondo e na forma de facer política, preciso para ser o mecanismo que artella a democracia e para que a sociedade perciba a utilidade da mesma para solventar problemas e aportar valor ao cidadán.
  • Vigo representa o alicerce da política galega polo seu grande peso poboacional e económico no País.
  • As actuacións políticas en Galicia teñen repercusión nun mundo interconectado, polo que esta cidade xoga un papel fundamental nesa representación de País, tendo en conta as diferentes potencialidades no ámbito empresarial, xeográfico, turístico e conexión marítima.

.Pola súa banda o Presidente Xosé Mosquera fixo unha reflexión en prol da defensa da nosa pesca con convicción e con tesón. Vigo e Galicia non aceptan estas restricións que está a xestionar e impoñer a Unión  Europea.

Impulsaremos nos dous  lados da fronteira unha intensa actividade co Norte de Portugal. Somos unha Eurorexion  Europea e iso ten que notarse cada día nos intercambios comerciais.

Na presentación da Agrupación Local, interveu o novo Secretario Local, César Pazos, indicando que “a nosa poboación está anestesiada nun Estado do Benestar e que precisamos de persoas innovadoras, inquietas, formadas e con experiencia, incluíndo tanto a mozos coma a xubilados, persoas que se sumen aos equipos de traballo e investigación formados polo PG”.

Tamén engadiu que “dende o Partido Galego imos ter moi en conta primar a sociedade do esforzo e da superación, coas persoas máis dinámicas e transformadoras da sociedade viguesa que son as que levan ás sociedades a avanzar cara un futuro próspero e de calidade de vida”

Para César Pazos o Partido Galego recolle as esencias do galeguismo histórico, daquelas persoas brillantes e sen ataduras que transformaron Galicia coa conclusión do seu traballo no avanzado Estatuto do 36 e por iso considera que o Partido Galego representa a herdanza política do Partido Galeguista.

Abriuse o sábado 26 un proceso de presentación para darse a coñecer en Vigo, unha cidade con moitísimo potencial industrial inda sen explotar, co fin de elaborar e expoñer o programa económico para esta cidade e para Galicia, tomando como referencias as economías de países similares ao noso como Escocia, Irlanda, Euskadi e Portugal. Se Vigo progresa, Galicia progresa.

                                               

       Mosquera, Maxi, César, Ana, Xosé e Betina