O PG presenta a Agrupación Local en Santiago
O Partido Galego presentou este venres a persoa que se vai encargar da Secretaría Local
Dentro da estratexia de presentación de candidaturas nas sete cidades máis grandes de Galicia, o PG continua en Santiago coa ronda de presentacións públicas.
Neste acto estiveron presentes varios membros da Agrupación Local e da Executiva Nacional, entre eles a Secretaria de Finanzas e o Secretario de Coordinación Xeral, arroupando a Maxi Vázquez e Beatriz Estévez como representantes da Agrupación de Compostela.
Abriu o acto Maxi Vazquez como voceiro do Partido e membro da agrupación de Santiago, que fixo unha introdución sobre a constitución do partido, o que significa de beneficioso para o País e os pasos que se están dando de cara á consolidación do proxecto e camiñando con forza cara as municipais 2023, incidindo na idea de política útil do Partido Galego.
Beatriz Estévez, licenciada e doutorada en dereito pola USC, é a nova Secretaria Local de Santiago, desenvolve a súa actividade profesional como avogada e mestra.
Na súa intervención incidiu na necesidade de darlle un cambio político ó concello de Santiago e para iso aportou entre outras as seguintes propostas:
- Elaborar un plan estratéxico de cidade para medio/longo prazo. E no curto prazo mellorar a habitabilidade da cidadanía.
- Dinamización comercial e empresarial do ensanche.
- Dotación de servizos para o casco histórico.
- Humanización e dotación de servizos para o extrarradio e o rural compostelán.
- Poñer en valor o aspecto universal da cidade co desenvolvemento de accións de alto impacto cultural, social e económico.
- Incrementar a seguridade en toda a cidade e en especial en determinados barrios da mesma (San Pedro, Sar…) onde a ocupación de vivendas e o tráfico de drogas están a supor unha grande preocupación para a cidadanía en xeral e para emprendedores en particular.
- Axilizar e priorizar a conexión da intermodal co aeroporto.
- Reforzar a liña de ferro con Vilagarcía, por ser este concello xunto con Padrón as entradas marítimas a Compostela.
- Incidir nun plan de turismo de calidade e permanência ou pernocta na capital de Galicia e na súa área metropolitana.
A Executiva Nacional
A Agrupación Local de Santiago
Diante e no centro:
Maxi Vázquez e Beatriz Estévez