O Partido Galego presentou este sábado 3 de decembro, a Antonio Díaz que se vai encargar da Secretaría Local
Montse Almozara, é membro da Executiva Nacional do PG coa área de Finanzas, que se encargou de abrir e presentar o acto de medios.
O Coordinador Xeral Suso Ares, comezou describindo o significado que ten o concello de Melide para o Partido Galego, xa que hai dous anos se fixo neste concello a presentación pública do mesmo, cadrando no 500 aniversario da Xunta de Melide. Puxo de releve os tres eixes troncais da liña ideolóxica do partido (galeguismo, ecoloxismo e rural), e incidiu na necesaria renovación da política municipal baseada en dúas grandes liñas estratéxicas como son a transparencia municipal e a participación veciñal.
Pola súa banda o Presidente Xosé Mosquera fixo unha reflexión sobre o fondo sentimento galeguista deste partido, e nese senso este é un partido no que colle practicamente toda a sociedade de todos os sectores. Pon como retos de identidade da acción política a desaparición do insulto e das discusións e leas estériles. Que un valor do PG é dado a centralidade que representamos, a súa capacidade para chegar a acordos con outras forzas políticas e conseguir consensos para que a política municipal sexa realmente útil para a veciñanza.
E por último como representante da Agrupación Local, interveu o novo Secretario Local, Antonio Díaz, indicando que Melide leva anos perdidos en disputas persoais nos grupos municipais actuais que levan a:
Perda de recursos, servizos, dotacións e inversións. (Máis de 6 MM de Euros, en subvencións perdidas e proxectos con partida económica aprobada e rexeitados por ser iniciativa dos rivais políticos).
Carencias e problemas que levan anos sen solucionarse (Depuración de augas do polígono (desde 1994), ampliación de súelo industrial, piscina climatizada pechada (desde 2019), pistas rurais sen arranxar, e en moi mal estado.
Incapacidade para aprobar un Plan Xeral, que fixe os distintos usos das parcelas do noso territorio.
Melide so ten 2 das 26 parroquias do municipio, nas que se ten completado o proceso de concentración parcelaria, o que ocasiona un lastre para a xestión das terras, para rendabilizalas mellor, en definitiva que limita as producións e por tanto a capacidade económica da veciñanza. Por tanto esta vai ser unha tarefa prioritaria do traballo a desenvolver, de acadarmos o goberno de Melide.
Propón asimesmo unha Feira e Mercado anual de referencia para toda Galicia, dado a ventaxa xeográfica de Melide non centro de Galicia, e o potencial actual de produción de diferentes produtos autóctonos e outros que se sumarían de verse a expectativa de ventas potenciadas por un evento desta dimensión.
Mosquera, Montse, Antonio, Maribel e Suso