Cos datos dá Red Eléctrica de España, Galicia xa nó 2018 foi a primeira produtora de enerxía eléctrica entre as comunidades autónomas de España. Ademais con excedentes respecto ao consumo equivalente superiores a un 50%. É dicir, ademais de ser a principal produtora, sóbralle enerxía para abastecer a outra media Galicia máis.
Galicia está nos primeiros postos en produción de Enerxía Eólica tanto en España coma en Europa, e se non cambia nada, toda esa produción enerxética apenas deixará riqueza aos galegos. A nosa enerxía explótase dende Madrid, Bilbao ou Barcelona, e tributa neses outros territorios.
Pola contra, o que si nos deixarán son os ríos cheos de encoros, montes cheos de eólicos e centrais térmicas contaminantes. Diso podemos estar seguros. Nin sequera as casas ou empresas galegas poden beneficiarse de enerxía máis barata, como si o fan noutros territorios.
¿Pode mudar esta situación? Non é doado por todos os intereses asociados, pero o Partido Galego quere influír nas políticas do estado regulando con sensibilidade económica, social, ecolóxica e patrimonial de xeito colaborativo, e tendo en conta as vantaxes ou beneficios para empresas.
O partido galego aposta pola Enerxía renovable sustentable mediante eólica mariña flotante (esencial para a xeración de hidróxeno verde). Apostamos ademais dentro da enerxía eólica entre outros puntos:
- Conservar a prevalencia da actividade vocacional da zona .
- Favorecer o acceso á información dos proxectos.
- Concesións con datas de caducidade.
- Propoñer o vento como uso público.

REXISTRO OFICIAL DA XUNTA DOS AEROXERADORES TANTO INSATALADOS COMO EN PREVISIÓN