Galicia arde. Acordarse de santa bárbara cando trona.

NON VALE ACORDARSE DE SANTA BÁRBARA CANDO TRONA

Arde Galicia. Acabamos de pasar a maior vaga de incendios da historia do noso país, especialmente na provincia de Ourense. O lume arrasa con todo e parece que os medios para apagalo foron insuficientes, a prevención foi manifestamente nula e os responsables políticos, a Xunta do PP en primeiro termo, non asumen as consecuencias.

A Xunta de Galicia ten competencias exclusivas na xestión forestal, incluíndo a prevención e extinción de incendios. O Partido Popular leva ocupando o poder case todos os anos dende que hai eleccións autonómicas. Así que non caben escusas. Houbo, de novo: Neglixencia e demora na resposta inicial da Xunta, deixando que os lumes sexan incontrolables, ocultación nos medios, e a recorrente culpa de uns a outros mentres a xente do pais é quen ten que poñerse en moitos casos a apagar os lumes con medios particulares

  • Para todos os operarios e particulares que denunciaron falta de resposta e de decisións, con reténs parados sen actuar e vendo como se queima todo mentres agardaban ordes dos mandos…. todo o apoio do Partido Galego.
  • Para todos os propietarios e familias de casas arrasadas polo lume… todo o apoio do Partido Galego.
  • Para todos os gandeiros e xente da Galicia rural tan desprezada pola Xunta, que de novo fai un esforzo para estar orgullosos… todo o apoio do Partido Galego.
  • Para os periodistas que pediron o cese dos responsables de informativos da TVGA… todo o apoio do Partido Galego.

A Xunta leva máis de trinta anos machucando na xente das aldeas, poñéndolles difícil criar animais para o autoconsumo, xestionar as leiras, vivir nas aldeas. Deixaron de criarse becerros porque xa non se podían matar na casa; deixou de botarse millo porque os xabarís acaban con todo; hai que rexistrar  as galiñas ou facer un curso para sulfatar. En definitiva, ao autoconsumo puxéronselle as mesmas trabas que ás empresas. E así, hoxe en día, as aldeas son lugares residenciais, pero apenas hai xa actividade rural. Como resultado, reforestouse a maior parte da superficie, incluído o terreo de labradío, porque non queda xente nova nas aldeas que siga termando das leiras e toxeiras. As cifras son claras: fai 40 anos o 15% da superficie de Galicia estaba reforestada. Agora está a monte o 85%.

A proba de todo isto é que os incendios máis destrutivos tiveron lugar en concellos con aldeas deprimidas polo abandono; cando nas zonas de Galicia onde o rural está sendo traballado por gandeiros, agricultores, viticultores, etc. esas zonas (A Ulla, A Mariña, O Deza, O Xallas, etc.) non arden e se hai un incendio atállase coa altísima implicación da veciñanza, coma no caso de Ponteceso.

E moitos medios indican que o 96% dos incendios son provocados e destes a maioría intencionados. Certo. Por este motivo é preciso establecer unha serie de medidas preventivas que vaian máis alá da “limpeza dos montes”:

POSIBLES MEDIDAS QUE PODERÍA TOMAR A 

XUNTA DE GALICIA:

  • Rematar o proceso de concentración parcelaria en todo o territorio galego que aínda están, incluso onde xa estean realizando fórmulas de ordenación forestal a través das UXFOR.
  • Financiara implantación de corta lumes na contorna das aldeas, consistentes na plantación de árbores autóctonas.
  • Crear un plan paraque as empresas eléctricas planten por onde pasan as liñas de alta tensión árbores autóctonas, que non cheguen a entorpecer esas liñas e que se convertan así nunhas “autoestradas verdes” por todo o territorio galego.
  • Promover o endurecemento das penas ás persoas que lle prenden lume ao monte a propósito.
  • Combater o “negocio do lume”en relación coa especulación de terras, de materias primas, de contratos privados antiincendios, etc.
  • Instaurar un plan de sensibilización da poboación para concienciar á sociedade de que “cando algo arde, queimase o de todos e todas”.
  • Establecer un Plande “Excepcionalidade Galega”, onde se recolla  a singularidade do País debido á dispersión da poboación, á alta porcentaxe de terreos de masa forestal, aos mil ríos e ás miles de estradas municipais que deberían ser a base dun plan de apaga lumes efectivo.
  • Promover a reconstruciónde aldeas abandonadas ou semi abandonadas, de xeito vinculado ás medidas de promoción de vivenda.
  • Apoiar decididamente ás comunidades de montes, desenvolvemento a economía circular nas súas múltiples formas para que os montes sexan cada vez máis rendibles.
  • Incentivare financiar grupos de voluntarios na vixilancia dos
  • Financiaraos propietarios de grandes cubas do rural para que se dispoñan a mobilizar a súa maquinaria que pode entrar en todos os lugares posibles, incluso naqueles onde as motobombas non dan chegado.

Posición e propostas políticas do Partido Galego

Executiva Nacional