O cambio estacional que marca o calendario ancestral celta, e que se simboliza no Samaín foi o precedente do Encontro Galeguista de Padrón neste mes de novembro.
A elección deste concello ten un significado político especial, entre outras motivacións porque e terra que deu vida a persoas históricas para Galicia como Xoán Rodríguez de Padrón, Camilo José Cela e por suposto aos grandes do galeguismo Manuel Murguía e Rosalía de Castro.
O encontro serviu para convivio de militantes de varios concellos, que dende as Eleccións Municipais non tiveran a oportunidade de volver a cadrar, e incluso novas incorporacións ao PG que aproveitaron para coñecer a máis xente do partido.
Moitas intervencións nas que se demostrou a implicación e fortaleza da militancia, optimismo e gañas de facer política diferente, a do galeguismo auténtico, a do País en maiúsculas, a do orgullo galego.
Queremos e cremos na Galicia das súas propias potencialidades, un novo rexurdir, “Galicia Rexorde”
Baterías cargadas e felicitacións aos compañeiros/as de Padrón pola organización e bo facer.