Dous anos de “guerra” en Gaza. Guerra ou xenocidio?

O Xenocidio, Palestina e a volta ciclista a España.

O Partido Galego, xa ten denunciado clara e abertamente o xenocidio de Israel coa poboación palestina, que realmente non ten terra, foron sempre expulsados pola forza e o exterminio por parte de Israel.

Co apoio incondicional de EE.UU, Israel sigue asasinando sen que nada cambie o desmembramento de Palestina. Tampouco a U. Europea (Unión Europea) fai nada práctico contra Israel, mais alá de esporádicos titulares de que hai que considerar a Palestina como Estado, no práctica todo queda en eso.

O 7 de outubro de 2023 a organización Hamas, lanzou un ataque militar armado contra Israel. Esa acción con perfil de guerra (pola magnitude, vestimenta, tipo de armas, etc) era óbvio que sería respondida en lexítima defensa por Israel.

En todo conflito armado, en calquer parte do planeta, búscase a proporcionalidade na resposta, tanto por ética, por evitar conflito con terceiros países como por evitar unha escalada de consecuencias imprevisibles.

É Obvio que Israel rompeu ese principio dende o primeiro día, lanzando un ataque de guerra contra Hamas en Gaza de consecuencias catastróficas.

No PG emitimos unha proposta de paz na seguinte semana do comezo da guerra, adiantándonos a inmensa maioría dos partidos políticos de España, e apostando entre outras medidas pola solución dos dous estados Israel e Palestina, aínda hoxe en día sen recoñecer pola ONU

https://partidogalego.gal/proposta-de-paz-para-israel-e-palestina/

E por todo elo que o Partido Galego pide i esixe o fin do xenocidio e mentras, duros (durísimos) castigos a Israel.

Que en España últimamente o foco das manifestacións propalestinas sexa a Volta ciclista a España, con varios detidos por parar dita proba deportiva, é anómalo.

Por todo elo, o Partido Galego aclara:

-1- Si as manifestacións pacíficas.

-2- Non ás accións que poñan en perigo a vida dos ciclistas.

-3- Discrepamos radicalmente de quen coloque chinchetas na estrada

(é un atentado contra a vida dos ciclistas), igual que os que colocan bandeiriñas que lles impidan ver con nitidez.

4- O Partido Galego, di que son dignas as acciós pro-palestinas, pero non as esmaguemos por mala e peligrosa praxe.