Día da Galicia Mártir. Homenaxe a Alexandre Bóveda

O Partido Galego participou  nos actos desenvoltos neste 17 de agosto, a través da Fundación Alexandre Bóveda e en concreto nos dous eventos de caracter cívido levados a cabo no camposanto de San Amaro en Pontevedra.

Representantes da Executiva Nacional (Presidente, Secretario Xeral e Coordinador Xeral) así como compañeiros da comarca do Salnés e novas incorporacións ao PG en Bueu e Marín.

Estivemos compartindo coa familia a nivel persoal a importancia estratéxica que para o legado de Alexandre ten, que se manteñan os actos de carácter cívico coordinados pola Fundación e representados preferentemente pola familia descendente do homenaxeado A. Bóveda.

E compartirmos por suposto a nivel social co resto de asistentes o acto relixioso e ofrenda floral.

Emotivas palabras de Amalia, filla de Bóveda que lembrou a necesaria continuidade do legado político de Alexandre, que é o que lle dá valor ao seu sacrificio no 36 e garantía de manter viva a súa memoria.

O acto da ofrenda floral caracterizouse polas moitas intervencións, entre as que nos chamou a atención unha en particular polo significado do cargo e polo discurso, en concreto a do Presidente do Parlamento de Galicia, que xustificou o seu galeguismo dicindo que seu pai foi un represaliado máis. Queremos deixar constancia pública de que o valor dunha persoa non reside en ser filla dun represaliado máis, senón nas súas accións. 

No Partido Galego queremos facer fincapé en que para ser galeguista hai que actuar no día a día con coherencia co que representa este sentimento. 

Para facer honor ao exposto, vai a continuación un Manifesto que publicamos a raíz da homenaxe deste ano 2024 e coincidindo co emerxente debate sobre a recadación de impostos das Comunidades Autónomas e da súa fiscalidade. 

Resaltamos ademáis que por sermos Comunidade Histórica debemos aspirar claramente a camiñar cara a nosa propia xestión económica integral, algo que veredes relatado no Manifesto e que xa recollían as propostas de Alexandre Bóveda hai 90 anos.

Manifesto sobre a base da proposta de xestión económica para Galicia