NON SOMOS MENOS
CA NINGUÉN
Rueda non é o Presidente da Xunta. Non. Rueda é un funcionario do Partido Popular, que obedece ordes do seu xefe, Feijoo.
Rueda non traballa para o pobo galego. Non é un servidor público. Non, Rueda traballa para o seu partido. Non goberna Galicia, senón que é un peón na oposición do PP ao goberno do Estado.
Só así se entende que sexa Feijoo quen anuncie que as comunidades autonómicas gobernadas polo Partido Popular non van a aceptar a condonación da débeda autonómica. E logo, esas comunidades autónómas non teñen gobernos autonómicos que decidan se aceptan a condonación ou non?
É certo que en termos absolutos Galicia é unha das comunidades autónomas menos beneficiadas pola medida, pero tamén é certo que, se nos negamos a que se nos perdoe a débeda ainda nos beneficiará moito menos.
Ademáis, tanto en relación ao PIB como en relación á poboación de cada comunidade autónoma, Galicia é unha das máis beneficiadas.
A débeda que se nos condonaría en función ao producto interior bruto sería o seguinte:

É obvio que a condonación da débeda galega sería positivo. Dicir o contrario sería cínico. A continuación indicamos os beneficios aos que Rueda nos fai renunciar a todos os galegos:
- Redución directa do pasivo: o Estado asumiría 010 millóns de euros, o que equivale a recortar arredor dun 3 % a débeda galega actual.
- Menos gasto en intereses: ao baixar a débeda, Galicia pagaría menos por financiarse, liberando recursos que se poderían destinar a outras partidas.
- Mellora da cualificación crediticia: cun endebedamento máis baixo, a Xunta podería acceder aos mercados en mellores condicións e con maior autonomía financeira.
- Máis marxe para servizos públicos: o aforro permitiría reforzar áreas como sanidade, educación, dependencia ou apoio a familias, sen necesidade de subir impostos ou recortar noutros ámbitos. É certo que a condonación non se pode gastar directamente en servizos públicos. Sería un absurdo, xa que non se están enviando cartos ás comunidades autónomas, senón perdoándolles débeda. Pero, ao deber menos, páganse menos intereses e volve aumentar a capacidade de endebedamento futuro, polo que na práctica haberá máis cartos dispoñibles para gasto público.
- Maior autonomía política: ao depender menos de mecanismos estatais como o Fondo de Liquidez Autonómica (FLA), Galicia gañaría marxe de manobra na súa xestión
En resumo, aínda que Galicia non é das comunidades máis endebedadas, a quitación supoñería un alivio financeiro notable e un reforzo da súa capacidade de investimento e gasto social.
Pero Rueda, en lugar de tomar decisións que benefician a Galicia, deixa que outros tomen decisións para perxudicar ao goberno do Estado. Rueda é coma aquel ao que se lle apareceu un xenio que lle concedería un desexo, pero a condición de que ao veciño daríalle o doble. E o incauto pediu que lle quitasen un ollo.