Encontro en Carballo. Consolidación de Agrupación que vai camiño de presentar unha candidatura electoral moi necesaria para a capital de Bergantiños.
Carballo está de noraboa. Xa podemos confirmar e facer público que a Agrupación do Partido Galego camiña liderada por José Luís Bardanca, empresario de profesión, e persoa moi coñecida en todo o concello.
As novas incorporacións reforzan a estrutura do grupo e facilitan un mellor traballo político de cara a atender as demandas veciñais, que son moitas e de relevancia en moitas parroquias do concello.
Desenvolverán a partir de agora unha estratexia de traballo coordinado e efectivo, contando coa axuda da veciñanza que pode facerlles chegar tanto a José Luís como a calquera compañeiro e compañeira da Agrupación, as queixas, suxestións, propostas, preguntas e calquera cuestión que consideren, sabendo que o conxunto do grupo están e estarán a disposición alí onde sexa necesario.
Convidamos a veciñanza que ademáis de trasladar as súas inquedanzas, tamén se poden poñer en contacto para colaborar ou formar parte da Agrupación.
pincha na imaxe para entrar na páxina de FB

José Luís Bardanca e membros da Agrupación con representantes da Executica Nacional
