Basta xa! ao abuso enerxético

O PARADOXO DA POBREZA ENERXÉTICA NA GALICIA EXCEDENTARIA

Tanto as familiar como as empresas galegas atravesan o grave problema de facerlle fronte ó recibo da luz a pesar de que Galicia sexa a primeira comunidade produtora de enerxía eléctrica en fontes renovabes e que ademáis exporte enerxía de forma gratuíta ao resto do Estado español.

A pesar de que Galicia produza e exporte enerxía vemos como nos momentos de maior necesidade enerxética, como nesta última vaga de frío, a tarifa da luz subiu preto do 30% o que se traducirá nun incremento superior ós 20€ de media nas próximas facturas de uso doméstico.

Vemos como España é un dos países que ten a luz máis cara dentro dos países membros da UE e máis que o propio prezo da luz as facturas veñen gravadas, a maiores, con canons, peaxes, imposto específico da electricidade e, finalmente, todo gravado co 21€% de IVE.

As consecuencias para a sociedade galega son visibles: As familias que quedan, na medida do posible, nos seus fogares procurando facer o menor contacto social debido ó grande aumento de casos de Covid-19, nas que moitas viron recortados os seus ingresos atopándose en situación de desemprego ou ERTE, maiores que perciben as pensións das máis baixas do territorio español, autónomos da hostalería e comercios que están atravesando verdadeiras dificultades económicas, están a sufrir unha verdadeira situación de pobreza enerxética debido a que non teñen capacidade para facerlle fronte ó pago desmesurado da factura da luz e do gas.

Proposta: do Partido Galego

Tarifa Eléctrica Galega, que contemple os criterios de proximidade da produción evitando peaxes de transporte e desconto comparativo ás consecuencias negativas xeradas na produción desta enerxía no territorio galego.

Regulamento da Enerxía que impida as subas conxuntas e paralelas das grandes empresas enerxéticas nos momentos en que existe maior demanda nos mercados. Que existan unhas limitacións nos prezos máximos da enerxía ou que se podan adoptar medidas excepcionais que axuden a suavizar o impacto deste tipo de subas. Recordemos pois que o goberno de Portugal vai a pagar o 10% do total das facturas da luz.

Redución do 21% de IVE ao 6%. A consideración actual que ter luz ou calefacción é un luxo e non un servizo esencial debe mudar. Francia aplica o 5,5% da parte fixa da factura e Portugal aplica o 6%.

Mércores 20 de xaneiro de 2021