Comunicado público, emitido polo Portavoz do Partido Galego na Corporación de Barbadás, Ramón Padrón.
1.- A nosa condena e rexeitamento a calquera tipo de acoso sexual ou laboral, o noso total apoio ás vítimas, que estes feitos se poñan en coñecemento da administración de xustiza para que todas as partes se poidan defender e se produza unha sentenza xudicial.
2.- Lamentar os sucesos acaecidos dentro do grupo de goberno que provocaron a dimisión de 5 concelleiras do PSOE, e as informacións que van saíndo en prensa en relación aos movementos dalgúns partidos, que suscitan na veciñanza unha sensación de mercadeo cos resultados que as urnas decidiron no seu día, relegando os problemas reais e básicos do municipio a un segundo plano.
3.- O noso grupo está a espera de coñecer con cantos paoios conta o alcalde vixente, se presenta a súa dimisión ou se se activa unha moción de censura para postular a uno alcalde ou alcaldesa.
4.- Namentras isto non se concreta en papel oficial, esiximos ao alcalde, señor Valcarcel, a convocatoria urxente este luns 22 de novembro dun pleno Extraordinario para que todos os grupos se retracten de maneira pública diante da veciñanza á que nos debemos.
5.- Se non se produce esta convocatoria, pediremos a súa dimisión e que os grupos marioritarios agroa mesmo no Concello (PP-PSOE) a soliciten, pois son os únicos que a poden activar ao contar co número suficiente de concelleiros.
En Barbadás, a 20 de decembro de 2025
Corporación de Barbadás. Imaxe do salón de plenos.