APERTURA DE LOCAL ELECTORAL DO PARTIDO GALEGO EN MONTERROSO
A emerxente Agrupación do PARTIDO GALEGO de Monterroso, dou a coñecer este mércores día 1 de marzo, cadrando co día de feira habitual do “primeiro de mes” o LOCAL ELECTORAL do partido
Estiveron a maioría dos membros da candidatura e o concelleiro e coordinador da mesma Xabier Vázquez.
Contaron coa implicación de varios membros da Executiva e do Consello Nacional do PG como Mosquera, Suso Ares, Antonio Díaz e Henri Geada e compañeiros da recén creada nova Agrupación de Samos como Saúl, dando un respaldo a boa labor de Xabier nestes catro anos de lexislatura como concelleiro e durante un tempo alcalde.
Tamén acompañaron por amizade persoal ao noso concelleiro-portavoz, o alcalde de Becerreá Manolo Martínez e o ex-conselleiro Pachi Vázquez
No percorrido pola feira, tanto o Portavoz municipal Xabier como os membros da candidatura, recibiron numerosas mostras de apoio á candidatura do Partido Galego, e mesmo lle mostraron cariño e bos desexos como as frases “desta vai”, ou “xa e hora que Xabier sexas alcalde para os catro anos”…
O xantar nunha carpa da feira entre veciños e compañeiros da candidatura, foi o remate desta xornada de presentación pública e empatía coa veciñanza de Monterroso.