Altri e Mina de Touro ou miles de PEMES actuais?

Altri e Mina de Touro son a nivel económico para Galicia unha calderilla, comparado coa riqueza que pretenden destruír.

                                                  

                       

 

O Partido Galego aposta pola industrialización creadora de riqueza. Desgraciadamente non é o caso de Altri, da que se di que crearía 500 postos de traballo, nin da mina de Touro. Estes dous proxectos empresariais son claros exemplos de empresas creadoras de pobreza: contaminan a auga doce e potable do río Ulla, poñen en perigo o sector pesqueiro e marisqueiro da Ría de Arousa, xeran nubes de choiva ácida, afectan gravemente ao Camiño de Santiago, etc.

Así, se poñemos nunha balanza os aspectos positivos e negativos da instalación destas dúas empresas, é evidente que a destrución dos recursos enunciados levaría consigo a desaparición de milleiros ou centos de milleiros de postos de traballo entre directos e inderectos.

Dende os sectores básicos como os dependentes da industria agro-gandeira, da vitivinícola, da ortícola, apicultura, micoloxía, etc, etc, da derivada de actividades vinculadas ao río Ulla, do turismo de calidade, das actividades nos entornos naturais… e xa ao remate do Ulla todo un mundo afectado na gran Ria de Arousa, unha das mellores de Europa e do mundo, a nivel de riqueza en marisqueo, en turismo nautico…

En si mesmo o Río Ulla, é unha das arterias principais de vida en Galicia, e ningún estudo científico independente pon en dúbida a altísima afectación que suporía unha pasteira celulosa  vertendo directamente ao Río Ulla 30 millóns de litros de auga ao día e para acabar de matar o río os vertidos da mina de Touro uns kilómetros máis abaixo do proxecto de Altri.

Con estes dous ruinosos proxectos, pode cambiar radicalmente a vida en todas as comarcas afectadas dende A Ulloa, pasando polo Deza, Compostela, Sar, Barbanza, O Salnés…

A maiores dos vertidos reais que terían lugar, están as alarmantes previsións de auténticas catástrofes de haber unha incidencia como unha rotura de algún tipo na infraestrutura de Altri como nunha balsa da Mina de Touro, o que xa arruinaría en un momento e para sempre todo o traxecto do Ulla ate o conxunto da Ría de Arousa.

O simple feito que o Partido Popular aposte claramente a favor destes proxectos sin importarlles a vida, o ecosistema e o futuro de medio millón de galegos e galegas afectados directa e indirectamente, pon de manifesto que prioriza os intereses económicos de varias amizades perigosas que se queren repartir o diñeiro público (250 millóns de euros), e outros bens públicos como a auga, o aire e os minerais da terra.

No Partido Galego, quixemos deixar unha vez máis patente a posición política a respecto destes proxectos a través da Charla-coloquio celebrada no concello de Vilagarcía este sábado 5 de abril.

Na mesma estivo representado todos os sectores do mar da Ría de Arousa, as tres plataformas (Ulloa contra Altri, Mina Touro-OPino non, e a PDRA)

Agradecemos as brillantes intervencións dos seis poñentes que achegaron moitas e indiscutibles razóns polas que eses proxectos deben de arquivarse definitivamente pola Xunta de Galicia.

De esda para dereita:

Anxo Franco (membro da Executiva do PG e moderador)

Fonso Padín (profesional do sector da pesca submariña)

Chelo Cancelo (Integrante da Plataforma Mina Touro-Opino NON)

Bibiana Calvo (membro da Directiva da Asociación de Mariscadoras)

Alfredo Otero (Vicepresidente da Plataforma PDRA)

Miguel Míguez (empresario do sector acuícola)

Miguel Leiva (Físico, profesor e membro de Lugo-Vivo)

 

Cando o Partido Galego se opón a un proxecto destrutivo como neste caso, expoñemos non só as motivacións as razóns e mesmo a alternativa ao mesmo.

Neste senso, dende o 4 de abril de 2024 a través dunha Resolución congresual no PG lanzamos a proposta de construcción dun Polo Tecnolóxico do Cámaño (PTC), como unha aposta diferente e de altísima expectativa a nivel galego pero tamén estatal e incluso europeo.

Durante a campaña electoral das Europeas do 6 de xuño de 2024, volvemos lembrar e contemplamos no Programa Electoral esta proposta non só como un valor para Galicia, senón tamén como alternativa a Altri, pois o cáñamo ten o 85% de celulosa, cando a madeira tan só o 51% requerindo do uso de produtos químoos para eliminar o restante 49%. Ademáis o cáñamo conten fibra textil de orixe vexetal máis longa, suave e resitente, poñendo esta planta no nivel do máis alto valor ecolóxico e económico. Este motivos están a marcar a folla de ruta de  grandes multinacionais do sector textil, buscando de momento a materia prima en países asiáticos.

Compre unha aposta decidida dende o Goberno Galego que emprenda actuacións en colaboración coa asociación empresarial Centro Tecnológico Nacional Agroalimentario de Extremadura CTAEX https://ctaex.com/  e coa Universidad Politécnica de Cataluña UPC https://www.upc.edu/es/sala-de-prensa/noticias/nace-el-primer-cannabis-hub-de-europa-de-la-mano-de-la-upc-y-valenveras

Esta última, logo de ter creado un hub con empresas e centros de  investigación, no que participa a propia Generalitat co fin  de fomentar coñecemento sobre o cáñamo e converterse en lobby do sector.

A través de traballos conxuntos e ou convenios con estas dúas institucións, poñeríamos andar un PTC que implicaría a implicación de toda a cadea de valor dende as empresas de campo de cultivo, pasando polo sector de transformación e procesado e por último os circuítos e rede de venta.

O Polo Tecnolóxico de Cánabo, non só traerá unha enorme riqueza directa pola xeración de postos de traballo, senón que tamén é un proxecto substentable por tratarse de fibra natural, ultrarresistente, de múltiples aplicacións a maiores do textil, a través do seu cultivo garántese a rexeneración dos terreos, con un baixísimo consumo de auga, e xerador de viodiversidade nos terreos de plantación e na contorna próxima.

Parte de público e proxección dos proxectos a debate