Alerta fronte á costa galega

luns 21 de decembro de 2020

Galicia recibirá fronte ás súas costas o portacontedores NUCLEAR ruso “Sevmorput”. É o único buque NUCLEAR neste tipo de embarcacións, que ten vetado o atraque na maioría de portos do mundo.

Atópase en serios problemas mecánicos, e pasará de maneira inminente fronte a Galicia, e cunha previsión de mar bravo, polo corredor atlántico a partires da madrugada dó día 22 de decembro.

Fronte esta nova, o Partido Galego apoia tódalas solicitudes ecolóxicas e políticas a prol dá activación dun plan marítimo que vixíe o seu paso polo corredor, impida o achegamento a nosa costa e evite o atraque en calquera porto galego. Descartando deste xeito todo risco evitable.

Galicia xa sufriu moitas consecuencias ecolóxicas, económicas e sociais en catástrofes marítimas, agora compren medidas para extremar precaucións.

https://partidogalego.gal/wp-content/uploads/2020/12/2020_12_21_CARGUEIRO.jpg