PROPOSTAS DO PG, ANTE O POSIBLE ACORDO COMERCIAL ENTRE A UE E MERCOSUR
GARANTÍAS DE PROTECCIÓN PARA O CAMPO GALEGO
- Mecanismos de garantía na trazabilidade dos produtos foráneos exactamente iguais que os esixidos dendro de Europa.
- Potenciar os selos de calidade:
DOP (Denominación de Orixe Protexida)
IGP (Indicación Xeográfica Protexida)
ETG (Especialidade Tradicional Garantida)
- Contemplar no acordo a obrigaroriedade de cumprir en todos os países implicados no acordo comercial, a aplicación de todas asa normas máis avanzadas de garantías para o consumidor, que se aproben por ambas partes, como Pasaporte Dixital do Produto(DPP) ou o Regulamente de Deseño Ecolóxico para Produtos Sostibles (ESPR) aprobado na UE en 2024.
- Axudas ao sector primario, para ompletar o ciclo de produción e transformación en orixe.
POLÍTICAS DE SOBERANÍA ALIMENTARIA PARA EUROPA
Este acordo non debe romper coa estratexia de dotar a Europa da soberanía alimentaria. Debemos evitar estar expostos as turbulencias mundiais que hai nese eido e as posible que se aveciñan.
SEGUIR TRABALLANDO NA FILOSOFÍA DO CONSUMO DE PROXIMIDADE.
Fundamental para unha mellor calidade de vida das persoas, e todos os bens que implica esta filosofía tan contrastada. Axudas para formar máis á poboación na cultura do consumo de proximidade, priorizando o consumo de produtos de Galicia, xeramos un valor engadido transversal en todos os ámbitos que redunda no benestar, na permanencia da nosa xente, do noso entorno en equilibrio e da nosa forma de vida.
SITUAR A GALICIA NA CENTRALIDADE
Este concepto é unha constante nas propostas e programs políticos do Partido Galego, e nesta ocasión a situación favorece totalmente esa oportunidade.
Reivindicamos a Galicia como o punto de saída de mercadurías por vía marítima cara sudamérica e igualmente como punto de chegada destino a Europa.