Acabemos coa CORRUPCIÓN con medidas de EXCEPCIÓN

DEMOCRACIA LIMPA, XA!

O Partido Galego diante dos acontecementos dos últimos días e meses, coida que chegou o momento de tomar decisións drásticas no goberno do Estado Español por parte do partido que o exerce e dos socios que o comparten. Din no PSOE que eles non toleran a corrupción e que cada caso que sae é expulsado. E, sen embargo, os dous últimos Secretarios de Organización están cheos de fango o cal demostra que non tiveron ate agora filtros suficientes internamente.

 

E o Partido Popular en temas de corrupción non pode dar leccións, xa que tamén ten un longo historial ao seu lombo incluso con financiamento ilegal do partido. E sigue medrando. Pero é que ademais, o PP nunca admitiu nin os resultados das últimas eleccións xerais nin a composición do actual goberno. Fai unha oposición desleal buscando o enfrontamento permanente, no canto de solucións aos principais problemas da cidadanía nin ao debate territorial de fondo.

 

Por iso o Partido Galego de momento non esixe a convocatoria de eleccións. Pero tampouco podemos aceptar o que está pasando con resignación. O Estado, non merece este bochorno nin a este tipo de políticos, pois poñen en perigo a democracia abonando o terreo aos populistas, fascistas, e negacionistas da política real.

 

Por tanto, demandamos que o Presidente do goberno e Secretario Xeral do PSOE cambie radicalmente e proceda a tomar medidas que eviten, agora e no futuro, a corrupción política, atacando a orixe do problema: a discrecionalidade na adxudicación de contratos.

Cando se elixe a empresa que vai a gañar o contrato antes de comezar o expediente, hai corrupción, porque todo o que acontece despois está viciado de orixe, dando lugar a mordidas de agradecemento e de garantía de futuros contratos. E iso ten tres efectos perniciosos:

  • Aumentaos prezos dos contratos, pois hai que desquitar o pagado en mordidas, pagando así sobre custes con diñeiro de todos.
  • Limitaa igualdade de oportunidades, pois empresas que se cadra poderían facelo mellor, non teñen opción de gañar o contrato.
  • Baixaa calidade da democracia, pois os representantes públicos máis corruptos teñen máis medios ao seu dispor para facer propaganda e obter mellores resultados.

Por iso é necesario mellorar o control da contratación pública, especialmente nos modificados de proxectos e tamén limitando os importes totais que recibe cada empresa de contratos menores e aparentemente sen importancia.

Pero, sobre todo, é necesario un cambio de mentalidade, e que debe comezar pola concienciación social ao mesmo nivel que noutros grandes asuntos, para que tanto corruptos como corruptores paguen o mesmo prezo ante a xustiza e tamén ante a opinión pública.

E, para asegurarnos de que os corruptos o son a título individual e non de partido, propomos como medida estrela que, cando un partido concorra a unhas eleccións con dopaxe financeira derivada da corrupción ou financiamento externo de fondos non legais ou orixe sen fiscalización, se faga coma no deporte: se lle anulen os resultados electorais.

 

É urxente corrixir os métodos en orixe ou o mal endémico das “mordidas” entre políticos e empresas seguirá eternamente, da igual o partido que goberne. Precísase un cambio xa para a rexeneración democrática. Ou o fai o PSOE dende o goberno ou será preciso un novo goberno. De momento hai marxe de manobra, pero xa é mínima.