A quen lle interesa a guerra en Oriente Medio?

Aos USA por controlar outro país petroleiro e seguir ampliando control en países “títeres”, e Israel por tratar de aniquilar Irán coa mesma intención destrutiva que con Gaza.

Os EEUU e Israel lanzaron un ataque a Irán o 22 de xuño de 2025 para destruír tres centros con potenciais armas nucleares. Ese ataque foi cualificado polos atacantes de total éxito, por tanto dedúcese que Irán quedou sen poder para fabricar bombas nucleares, en consecuencia debería acabarse a fase de ostigamento bélico e pasar a unha presión política internacional para favorecer o cambio de réxime.

Como obviamente ese non era o obxectivo dos atacantes, estes elaboraron o argumentario para un segundo ataque o 28 de febreiro, en base ao necesario cambio de réxime iraniano por tirano, ultrarelixioso, represivo e antidemocrático, por tanto fascista. Nos dous primeiros días de ataque, e logo dunha semana xa está máis que demostrado que ese argumento so era unha excusa, para un obxectivo moito máis ambicioso e que pouco ten que ver coa necesidade real de cambio de forma de gobernar Irán.

Calquera forza política que se considere demócrata, non debería en España nin Europa apoiar esta guerra, por carecer de sentido, por ser ilegal, ilexítima, non provocada pola outra parte, e totalmente calculada durante meses.

En Irak (con argumentos e obxectivos parecidos) foro 8 anos de guerra, dende o 2003 ate o 2011 con consecuencias económicas e de proliferación de grupos terroristas ao que hai que sumar os atentados en España (Madrid) con centos de mortos e psicose terrorista. Irán con 93 millóns de persoas, duplica a Irak, o que pode darnos unha idea do que pode pasar no futuro.

Posiblemente desta volta, os EEUU e Israel con dous tolos fascistas a fronte dos seus gobernos de forma tiránica sen consentimento dos seus parlamentos e menos da legalidade internacional, queiran resolver esta guerra cando se lle vaia das mans ao estilo da 2ª guerra mundial contra o Xapón, é dicir, con grandes bombas que desfagan cidades enteiras de Irán.

De tolos, so se pode esperar tolerías. Cando dous tolos se enfrontan a un país dirixido por un réxime totalitario e ultrarelixioso que tamén nega a existencia de un dos atacantes, so podemos esperar o peor, agora e no futuro polo que pode derivarse de esta guerra.

 

E mentres tanto os prezos subindo, as bolsas caendo, a incertidume do futuro de máis de 600 empresas galegas afectadas directamente polo conflito, e cada día de guerra que pasa os problemas son maiores… e os dous partidos ultras (PP e Vox) apoiando a guerra como se fora a súa guerra, so por facer oposición destrutiva en Madrid e ao tempo alimentar a internacional fascista.

Razóns máis que suficientes, e outras máis que so nos poden situar en Europa, no estado español e en Galicia a estar ao marxe desta guerra e en todo caso a defendernos se somos atacados, pero nunca participar desta guerra que vai traer, morte, destrución, crise económica, alarma terrorista a medio prazo, cambio dos límites entre potencias, máis inseguridade e un mundo máis convulso, por tanto NON MÁIS GUERRAS, e SÍ A PAZ.