A ciencia é o mellor antídoto para loitar contra as loiadas propagadas polos negacionistas e populistas

10  de novembro

Día Internacional da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento.

 No Partido Galego acreditamos a vital importancia do mundo científico para fortalecer o estado de benestar, a democracia e o sistema de valores do entorno europeo.

 Apostamos por aumentar o investimento público, facilitar o desenvolvemento empresarial privado e fomentar e coidar aos talentos científicos para reforzar a I+D+I

 A ciencia é o mellor antídoto para loitar contra as loiadas propagadas polos negacionistas e populistas.

 Aproveitando que hoxe se celebra o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, queremos honrar a tres científicos galegos de relevancia internacional.

José Casares foi un dos pioneiros no ensino experimental das ciencias na Universidade de Santiago de Compostela, promovendo a curiosidade e a investigación entre as novas xeracións.

Ángeles Alvariño, unha das maiores investigadoras en bioloxía mariña, destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño e por crear novos indicadores das condicións mariñas.

A súa obra e legado seguen sendo unha referencia para os científicos de todo o mundo.

Ramón Aller, fundador da investigación astronómica en Galicia, fixo que o noso país se destacase no estudo do universo, abrindo novas fronteiras para a astronomía e deixando un selo indeleble na nosa historia científica.

 Grazas ao seu esforzo e dedicación, hoxe podemos seguir avanzando en novas frontes do coñecemento.

 Dende o Partido Galego, lembramos e celebramos as achegas da nosa xente ao progreso científico. A ciencia tamén é galega!

#DíaInternacionalDaCiencia  #CienciaGalega #Innovación #JoséCasares #ÁngelesAlvariño #RamónAller #GalegosNaCiencia

#PartidoGalego