25 de xullo, Día da Patria Galega

Acto Solemne de celebración

do 25 de xullo, Día da Patria Galega, 

que terá lugar no

Panteón de Galegos Ilustres ás 10:50 am 

No acto realizaremos a presentación da nova etapa do partido, plasmada na imaxe conmemorativa deste evento.

No mesmo contamos con actuacións musicais e intervencións de ilustres galeguistas.

Dende a nosa historia, Galicia rexorde no presente, e sobre a nosa bandeira eclosiona a coroa do antigo reino de Galicia. Un acto de recoñecemento ao primeiro reino de Europa que se remonta ao século V,  que mediante un acordo ”Foedus” co emperador de Roma Honorio, constitúese como reino acuñando moeda propia no ano 410. MVNITA GALLICA PAX (Moeda da paz de Galicia). O Reino de Galicia existiu durante catorce séculos, fundado polo rei suevo Hemerico e tras as amplas liberdades ó ser único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, foi disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

 

Dende o Partido Galego, sentímonos orgullosos da nosa historia, dos nosos devanceiros e reclamamos que se instaure a coroa do reino de Galicia como símbolo nacional de todos os cidadáns galegos, do mesmo xeito que outros pobos e grandes nacións locen con orgullo sobre as súas actuais bandeiras os símbolos que lles lembran quen foron, para recoñecerse no presente, quen son.