25 de xullo. Avanzamos en máis concellos e con novas Delegacións

25 de xullo de 2024. Día Nacional de Galicia. Día da Patria Galega.

Nesta xornada festiva de reivindicación do noso, da nosa identidade, da nosa potencialidade como País, o Partido Galego cumpriu varios obxectivos políticos.

Compañeiros e compañeiras de diferentes concellos de Galicia compartiron experiencias políticas e un día de lecer.

Homenaxe aos nosos devanceiros, moi en especial a Castelao pola súa implicación no Día da Patria dos anos do seu tempo.

Nesta homenaxe, no Panteón de Galegos Ilustres a Xornada do PG comezou con un minuto de silencio polos falecidos no naufraxio do pesqueiro Argos Georgia nas Malvinas.

O acto dou comezo coa música do grupo de Folk, amigos do Partido Galego, e continuou coa intervención de de Olga Dourado do Consello Nacional e recén candidata ás E.Europeas do 9 de xuño, que dou lectura do “Alba de Gloria”, e Anxo Franco da Executiva Nacional fixo pedagoxía sobre o novo galeguismo que está transmitindo o Partido Galego e o compromiso persoal que implica polos intereses de Galicia.

                                                                      actuación musical           

                                                         

 

                                                  

 

 

  Intervencións (Suso, Olga Dourado e Anxo Franco) e posterior depósito de ramo de flores a Castelao

As visitas guiadas ao Parque de Bonaval e ao Museo do Pobo Galego, serviron para gozar dun magnífico paseo no ámbito natural e pola historia de Galicia.

No Parque de Bonaval

Xa no programa da tarde  o Coordinador Xeral Suso Ares dou conta das citas políticas máis relevantes afrontadas neste ano, e os retos do cambio necesario da cultura municipalista á cultura de País. A continuación destacamos a participación das Delegacións como TeGa con Bruno González como representante que nos acompañou na xornada da mañá, Coalición polo Bierzo con Iván Alonso e Javier Martínez,  e do PNV a senadora Mª Dolores Etxano Varela.

                                      

                              Iván Alonso                                                              Mª Dolores Etxano

Javier Martínez (CxB), Miguel Míguez (PG), Mª Dolores Etxano (PNV), Suso Ares (PG), Iván Alonso (CxB) e Anxo Franco (PG)

O programa rematou despois do xantar de confraternidade, onde como en anos anteriores a militancia e simpatizantes compartiron unha xornada de reencontros e postas en común de valiosas experiencias das diferentes Agrupacións e cargos políticos municipais.

Pechou o acto Miguel Míguez (Secretario Xeral) quen referenciou a presenza importante da Portavoz da Asociación Pro-fundación Manoel Vello (Carolina), lembrando a aposta de Manoel nos últimos meses da súa vida polo Partido Galego. 

Puxo énfase na necesaria implicación da militancia nas actividades políticas do partido e animou a unha maior participación para acadar os obxectivos do PG que son os obxectivos de Galicia.

Un momento no xantar