RECORTES DE RECURSOS NA
SANIDADE PÚBLICA
2024 Orzamentos insuficientes para a Sanidade pública galega
Os orzamentos aprobados pola xunta de Galicia para o 2024 e mais en concreto,as partidas adicadas á sanidade pública, son claramente insuficientes para resolver os graves problemas que sofren os cidadáns en primeiro lugar e tamén os traballadores da sanidade pública galega.
A realidade na atención Primaria, é grave e case nunca en ningún concello de Galicia está toda a plantilla.O habitual é ter de 3 a 4 médicos,1 ou 2; igualmente de enfermería, sucede algo menos pero tamén se dan incoberturas.
Os recursos que o goberno galego, en definitiva,vai adicar á sanidade pública, non responde aos problemas existentes e pensamos polo tanto que a situación sanitaria en Galicia pode seguir empeorando.
Non vemos tampouco suficiente as aportacións presupostarias para a atención hospitalaria, para a promoción da saúde pública, nin tampouco para a formación do persoal do Sergas.
En definitiva, o Partido Galego ve con moita preocupación o futuro inmediato da sanidade pública galega.
Mentres a poboación galega sofre esta situación o partido popular, continua coa súa política de favorecer aos máis poderosos e reducirá o 50% o importe de patrimonio para as rendas máis altas que benefician a un 7.700 ricos, os cales aforran con esa medida 40 millóns de euros ao ano e en cambio o resto da poboación aforra individualmente 20 euros ao ano.
Por todo elo o Partido Galego considera urxente un cambio da política da Xunta de Galicia para protexer a sanidade pública galega e por ende a poboación galega.
As Eleccións Galegas do 18F van servir para medir o grao de confianza ou desconfianza do actual goberno do PP.