19 de outubro. Día Mundial do Cancro de Mama

Comprometidos coa Loita contra o Cancro de Mama

A data de hoxe 19 de outubro é unha data que nos une a todos fronte a una mesma causa: a loita contra o cancro de mama. Esta enfermidade que non só afecta a miles de persoas, senón que tamén impacta a familias enteiras, amigos e comunidades.

Tal día como hoxe, cremos que é de vital importancia lembrar certos aspectos que son realmente clave no impacto desta enfermidade:

Concienciación e Prevención

Debemos seguir educando sobre a importancia da autoexploración e as mamografías. A detección temperá pode marcar a diferenza. Debemos seguir traballando para impulsar campañas de sensibilización e a garantir o acceso a probas diagnósticas.

Apoio ás persoas afectadas

Non podemos esquecer o impacto emocional e psicolóxico que conleva un diagnóstico de cancro. Neste punto é realmente vital a empatía cara ás persoas que viven esta crúa realidade, ás veces mesmo en silencio.

Por iso, hai que avogar pola creación de redes de apoio que brinden acompañamento e asesoría a pacientes e familia. O apoio é clave neste camiño.

Melloras no Sistema de Saúde

É fundamental que o noso sistema de saúde conte cos recursos necesarios para ofrecer tratamentos de calidade. Por iso debemos apoiar a investigación e o tratamento do cancro de mama, asegurando que todas as persoas teñan acceso á atención que merecen.

Non só é unha enfermidade de mulleres

Cabe lembrar que esta enfermidade non só afecta a mulleres, un 2% de persoas diagnosticadas de cancro de mama son homes, e a pesar de parecer unha pequena cantidade, os casos cóntanse en milleiros. Prestar atención tendo antecedentes familiares, ou que mostraron cambios no tecido mamario deben consultar co seu profesional sanitario.

Implicación da Comunidade

Convidamos a todos a unirse a esta causa. Achegarse a esta realidade participando en actividades, foros e campañas que promovan a saúde e o benestar. Xuntos podemos facer unha gran diferenza.

O cancro de mama non é só unha cuestión de saúde; é un desafío social e mental que require un enfoque global, e un compromiso por parte de todos os organismos implicados para educar, apoiar e concienciar.

Hoxe estamos aquí para lembrarvos que non estades soas, hoxe o logo do Partido Galego vístese de rosa na vosa honra. Xuntas e xuntos, somos máis fortes!

#CancroDeMama #LoitaXuntos #SaudeParaTodos #CompromisoSocial