Santiago de Compostela. Nova Agrupación Local do PG

CONSTITUÍDA A AGRUPACIÓN LOCAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O martes 21 de xuño reuniuse en Santiago un grupo de persoas vinculadas ao PG para formalizar a constitución da Agrupación Local.

A esta reunión tamén asistiron varios membros da dirección do partido, Oscar, Montse, Perol, Teresa e Suso Ares. Un apoio simbólico do conxunto da Comisión Permanente e tamén apoio estratéxico polo traballo conxunto do que vai ser a campaña de ampliación desta Agrupación, contando con persoas simpatizantes e militantes dos concellos da contorna desta cidade e capital de Galicia.

Esta é a primeira das sete cidades en formalizar a constitución da súa Agrupación Local, e que como capital do País tamén se quere dar a coñecer como ese primeiro paso polo simbolismo político que representa Santiago.

Os retos principais a curto prazo da Agrupación Local son:

  • A elaboración dun relatorio de principais necesidades e as solucións para este concello.
  • Un plano de acción metropolitana que abrangue aos concellos limítrofes.
  • Un estudo da rede de conexións estratéxicas dende o punto de vista da capital de Galicia.
  • A difusión da marca Partido Galego entre a veciñanza de Santiago.
  • O desenvolvemento de estrutura potente para unha candidatura electoral que vai determinar o novo goberno municipal saído das Municipais’23

As persoas que conforman a base da Agrupación (pendente de novas incorporacións nos vindeiros días) son:

  • Maxi Vázquez (Arins)
  • Xosé Antón López (zona Vella)
  • Javier Peleteiro (zona Ensanche)
  • Betina Estévez ( San Lázaro)
  • Javier Iglesias ( Castiñeiriño)
  • Eliseu Mera (Zona Rural)

                         

        Eliseu Mera (Coordinador da Agrupación)

  www.partidogalego.gal           https://www.facebook.com/PartidoGalego/

 info@partidogalego.gal           https://www.instagram.com/partidogalego/

 

1 thought on “Santiago de Compostela. Nova Agrupación Local do PG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *