Candidatura das Eleccións Municipais de xuño 2023 do Partido Galego por Samos

Samos é un concello de xente con carácter, persoas que aman a xustiza social e o progreso común, porque saben dende sempre que o traballo colectivo practicado nos pobos (e en particular os da montaña pola dureza das condicións) é o que da froitos e avances. Hoxe a finais de xaneiro de 2023 un grupo de persoas con experiencia política e bregados nas batallas municipais por un concello mellor, deron o paso a integrarse no Partido Galego. Dende a Executiva Nacional e tamén dende o Consello Nacional do PG dámoslle os parabéns e animamos a todos cantos outros grupos nos miren polas terras galaicas, sigan o mesmo camiño, sumando mans, vontades experiencia e moita ilusión para unirse ao Partido Galego e así conformar esa forza política galega,  tan necesaria para este País, e podermos afrontar os retos do presente e futuro inmediato. Adiante bos e xenerosos!!!