Reflexión política do PG

O pasado domingo 13 de febreiro celebraronse as eleccións ao parlamento de Castela e León, dende aquel entón, o partido gañador das eleccións está subido nunha montaña rusa sen visos de saber onde acabará a mesma.

 

Reflexións políticas dende o PG (Partido Galego)

 

Destacar en primeiro lugar o auxe dos partidos “rexionalistas” ou “provincialistas” da “España baleirada”. Parece de recibo, que pese á resistencia que o ser humano ten ao cambio, os resultados obtidos por partidos como Soria ¡Ya! ou UPL (Unión del Pueblo Leonés) son una sintomatoloxía da conciencia que moitos cidadáns teñen, da importancia de que as decisións políticas teñan enfoque territorial, xa que antes que tarde, os conflictos de interese aparecen e o único xeito de chegar a situacións de win-win, onde ambas partes, acaden resultados positivos para os seus intereses é a capacidade de análise correcta da mesma. Partindo do coñecemento da súa contorna social, económica e medioambiental e a capacidade para discutir e dialogar de igual a igual, no mesmo plano, non dende planos ubicados en distintos niveis de empoderamento.

Por outra banda está todo que leva acontecido e está a acontecer no Partido Popular esta semana, na que xa se produciron movementos de calado nos seus órganos executivos, con dimisións, perdas de apoio, críticas veladas e críticas a corazón aberto, o que ten moito que ver co auxe da extrema dereita (VOX), xa que non deberiamos perder de vista de onde saiu VOX, nada máis e nada menos que encarnando e aglutinando ao sector máis radical do Partido Popular, auspiciado e levado en volandas pola política practicada polo propio PP, empregando o terrorismo, aos nacionalismos e a todo canto entende que pode ser un ariete contra a oposición sin reparar nas súas consecuencias.

Pois ben, unha vez que o PP crea un discurso a extrema dereita aproveitase del, socavando ao propio partido, porén hoxe, o can de presa criado na sede de Génova anda solto e xa non só estamos en perigo os de fóra da casa, senón que se volveu contra o amo, sendo este incapaz de decidir se chamar á protectora de animais ou darlle otra galleta ata quedar sen man.

COMISIÓN PERMANENTE